Categorías: Actualidade

A farsa da Xunta no Plan de axudas ao alugueiro

A portavoz de Vivenda do Grupo Socialista, María Pierres, acusou hoxe ao PP de ser “cómplice dunha farsa” coas axudas públicas ao aluguer de vivenda e xustificar así a “cara de cemento” demostrada por Feijóo ao falsear os datos no Pleno do Parlamento. Pïerres presentou unha proposición non de Lei en Comisión parlamentaria para reclamar o pago das axudas galegas ao Plan Estatal, que acumulan un ano de retraso, e que foi vetada polo PP.

A responsable socialista denunciou a “irresponsabilidade máxima” do goberno galego ao “xogar coas expectativas e as necesidades da cidadanía galega”, en concreto coas 12.000 persoas que solicitaron estas axudas que necesitan para chegar a fin de mes, e acusou ao PP de “encubrir a incapacidade e inoperancia” do Executivo. Lamentou a “falla de implicación da Xunta” con estas axudas, que dividen nunha liña xeral para familias e outra específica para menores de 35 anos.

Pierres denunciou que o presidente da Xunta “mentiu en sede parlamentaria” ao sinalar que os mozos e mozas dedican o 31 por cento dos seus ingresos para acceder a unha vivenda, cando a realidade é que ese esforzo é de “fogares xóvenes”, pero a realidade é que os mozos e mozas teñen que dedicar o 56,5 por cento do seu salario á vivenda.

A liña de axudas para menores de 35 anos é polo momento a única resolta, se ben 12 meses despois de presentar as solicitudes, e a Xunta só concedeu 330 axudas, o 8,25 por cento de todas as que foron presentadas. Pierres explica que este resultado era esperado por canto o goberno galego non puxo un euro de cartos propios do seu orzamento, como si fixeron outras comunidades autónomas, e as axudas limitáronse aos 800.000 euros aportados polo Estado.

A liña de axudas ao aluguer para familias con dificultades, por outra parte, que ascenden aos 3 millóns de euros, nin sequera foron resoltas a día de hoxe, despois de publicar as axudas para o próximo ano. Alertou de que “as partidas habilitadas só chegarán, no mellor dos casos, a un máximo do 20 por cento dos solicitantes”, o que atendería a 1.600 persoas dun total de 8.000.

María Pierres contrastou o desleixo e “falla de humildade” demostrados polo goberno galego coa actuación de outras comunidades autónomas, como é o caso de Castela A Mancha ou Aragón, que dedican 11,45 e 8,9 millóns, respectivamente, fronte aos 3,7 de Galicia. Advertiu de que Galicia dedica moito menos orzamento cando ten unha cuarta parte de poboación máis que Castela A Mancha e o dobre que Aragón.

Ademais, as resolucións en Castela A Mancha foron resoltas xa en abril, concedendo a totalidade das que cumprían as condicións, o 70 por cento das axudas para familias en dificultades, chegando a máis de 5.000, número semellante ao de Aragón, onde foron admitidas a metade delas. As dúas autonomías admitiron ademais o 59 por cento das axudas solicitadas para o alugueiro de mozos e mozas, fronte ao 8,25 por cento de Galicia.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41