Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba a proposición socialista para instar á Xunta a que facilite a tramitación de novos parques eólicos que permitan o mantemento da actividade de Alcoa

Patricia Otero presentou esta iniciativa coa intención última de “manter os postos de traballo dos veciños e das veciñas da mariña”

A parlamentaria socialista Patricia Otero presentou unha proposición non de lei que foi aprobada no Parlamento de Galicia, para que se inste á Xunta a facilitar a tramitación dos parques eólicos necesarios que garantan á planta de Alcoa en San Cibrao un prezo da enerxía competitivo que permita manter a súa actividade e, por tanto, os postos de traballo, obxectivo primordial do seu grupo.

A deputada socialista defendeu esta proposta para tratar de manter os empregos dos que dependen a meirande parte da comarca e que precisan compromiso da empresa e das administracións parapoñer as cubas a funcionar en xaneiro de 2024”, coa garantía de abastecemento eléctrico a un custo competitivo, polo que precisan de novos parques eólicos que abaraten a enerxía. Tralos acordos de Alcoa con Greenalia e Endesa, Otero defendeu que “agora é o turno do goberno galego”.

Otero deu por suposto que estes parques eólicos terán que facerse “de xeito ordenado, con control, que respecte aos propietarios dos terreos e aos veciños, así como con responsabilidade medioambiental co territorio e que reverta economicamente na zona”, do mesmo xeito que os socialistas opinan que as administracións públicas terían que participar na propiedade destas novas construcións.

O grupo socialista aceptou a emenda presentada polo grupo popular que quería instar tamén ao goberno central, ao que Otero alegou que “sempre estamos dispostos a poñer deberes” ao executivo do Estado. A emenda popular tamén engadía a necesidade de facer a tramitación de acordo á legalidade, algo que sorprendeu á socialista ao entender que non se pode facer de outro modo.

Isto significou a aprobación final da proposición socialista, que contou co voto favorable dos populares e a abstención do BNG, que viu rexeitada a súa emenda porque Patricia Otero, a pesar de compartir varios dos seus puntos, declarou que consideran que son aspectos que non se deberían incorporar dentro da proposta socialista e deberían ter un debate a parte.

Patricia Otero deu a benvida ao consenso de novo ao PP e BNG, destacando a importancia da “unión da política, sociedade civil e representantes dos traballadores para tumbar o ERE” no ano 2021.

Pódese destacar a denuncia de Otero á “política de brazos cruzados da Xunta” en materia de enerxías renovables, en concreto cos parques eólicos. Pola súa banda, ao parlamentario do BNG reprochoulle que amosara unha fotografía dun concelleiro do seu partido nas protestas de Alcoa, querendo apropiarse da loita dos traballadores, polo que Otero recordoulle que “os mariñáns levamos anos saíndo ás rúas defendendo os postos de traballo” da planta de San Cibrao.

A representante socialista finalizou demandando ao resto de grupos a manter a presión a Alcoa para que cumpra os compromisos cos traballadores, destacando o forno de ánodos, investimento fundamental para a viabilidade desta industria.

Iniciativa aprobada hoxe:

“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a facilitar a tramitación dos parques eólicos que sexan necesarios para que o prezo da enerxía sexa competitivo para a planta de Alcoa en San Cibrao”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21

Besteiro ve “con moita alarma” o descontrol que o Consello de Contas está detectando na contabilidade do Sergas

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o potencial da industria galega durante a súa visita a TMC Cancela, unha empresa…

07/05/2024 16:05