Categorías: Actualidade

O PP impide constituír unha Comisión de Investigación sobre os 159 millóns de fondos covid que a Xunta desviou de sanidade en 2020

Julio Torrado esixe unha explicación política sobre a xestión dos fondos en plena pandemia que denunciou o Consello de Contas

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, lamentou hoxe o veto do PP a constituír unha Comisión de Investigación para explicar a que destinou a Xunta os 159 millóns de euros de fondos covid enviados polo Estado en 2020 e desviados polo goberno galego sen explicación. Torrado presentou unha iniciativa no Pleno do Parlamento para reclamar a investigación, pero que foi rexeitada polo PP.

Torrado reclamou “saber en que se gastaron” os 159 millóns de euros logo de que o Consello de Contas alertara da desaparición desta partida da conta xeral da Xunta correspondente a 2020. Daquela, o estado enviara 735 millóns de euros de fondos covid, dos que 418 correspondían a fondos sanitarios, e o goberno galego “xustificou 259 millóns de euros, pero hai 159 que non están, non aparecen nas contas e non foron investidos en nada que fora sanidade”.

O responsable socialista preguntou “que había máis importante que a pandemia” para gastar estas partidas en cuestións non sanitarias. Advertiu que malia que a Consellería “derivou non se sabe onde” os 159 millóns de euros, o mesmo ano fixo o “cambalache” e a “chapuzada” de asumir 344 millóns de euros de outras consellerías, e deixou outros 300 millóns en obras sen gastar para cubrir pagos sanitarios.

Alertou de que “semella que o control económico da Consellería de Sanidade é de todo menos limpo”, cando facían desaparecer 159 millóns de euros no mesmo ano no que lle retiraron cartos á consellería do Mar ou de Educación para cubrir gastos sanitarios. Reclamou que “non ocorra como cos cartos de Educación”, que empregou os fondos covid para cambiar cubertas de edificios educativos, como si que figura na conta xeral de 2020.

Lembrou a comparecencia da directora xeral de Orzamentos en Comisión Parlamentaria, onde chegou a recoñecer que as partidas “non foran a sanidade nin a educación”, senón que “empezou a falar de pagos de facturas e amortización de débeda”. Reclamoulle ao goberno galego que explique se amortizaron débeda co gasto sanitario, e advertiu que “cando alguén pasa 6 e 7 veces sen explicar é que realmente hai un problema con eses cartos”.

Julio Torrado aludiu á negativa reiterada do PP e do goberno galego a dar conta do destino destes 159 millóns de euros, e criticou que “cando alguén debe un euro ten un problema, pero semella que cando debe un millón de euros o problema o ten o outro”.

Afeoulle ao PP que aplaudiran ao conselleiro que presumira de opacidade no Pleno do Parlamento, onde replicou que “pode preguntar o que queira, que non vai conseguir resposta”, polo que Torrado sinalou que “considerarán que poden dar clase, pero hai algúns tipos de clase que non se dan: téñense ou non se teñen”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41