Categorías: Actualidade

Luis Álvarez censura o “empecinamento innecesario” de Rueda en suprimir a tarxeta básica mentres rebaixan o imposto de patrimonio aos máis ricos

O portavoz do Grupo Socialista anuncia emendas aos Orzamentos para recuperar a axuda de supermercado, farmacia e produtos de hixiene básica para 75.000 galegos e galegas

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, criticou hoxe o “empecinamento innecesario” de Rueda en suprimir a tarxeta básica para 70.000 galegos e galegas con necesidades mentres lle reduce os impostos aos máis ricos. Álvarez empregou a sesión de control ao presidente da Xunta para reclamarlle que recuperen a axuda “por empatía, equidade social e solidariedade”.

Luis Álvarez emprazou ao goberno galego a “darlle resposta ás necesidades” dos galegos e galegas porque “non deben deixar a ninguén sen unha axuda que lle poden dar” cando máis o necesitan e cando o goberno galego conta cos recursos para facelo. Lembrou que a Xunta vén de reducirlle o imposto do Patrimonio aos 7.700 máis ricos, co que a Xunta deixará de percibir máis de 30 millóns de euros, o mesmo que custa a tarxeta básica para 75.000 galegos e galegas.

Advertiu que o goberno galego ten “moi complicado” explicar que “van beneficiar a quen non ten ningún problema para encher a cesta da compra en detrimento de quen ten moitos problemas” incluso para ir ao supermercado. Confirmou que os socialistas galegos presentarán emendas aos Orzamentos da Xunta agora en trámite para recuperar esta medida pensada para adquirir produtos de supermercado, farmacia e de hixiene básica.

Subliñou que “non pode sacar o comodín do agravio” co que a Xunta recorre a protestar por un suposto maltrato a Galicia, porque é unha medida que “depende exclusivamente da vontade política do goberno da Xunta”.

Rede Galega contra a Pobreza

O portavoz do Grupo Socialista citou o informe da Rede Galega contra a Pobreza para facer unha radiografía da situación na que está a sociedade galega logo das crises consecutivas de 2009, a pandemia e agora a crise de prezos provocada pola invasión de Ucraína. Sinalou que un de cada catro galegos están nunha situación económica e socialmente comprometida, ata 700.000 persoas, das que 237.769 persoas están en risco de pobreza severa.

Sinalou que hoxe hai 167.234 persoas en privación material e social severa, malia que medidas como a citada tarxeta básica permitiu que as persoas que non poden permitirse comer carne ou peixe dúas veces á semana pasara do 14,9 ao 2,1 por cento.

Luis Álvarez emprazou ao goberno galego a que “teñan empatía coas persoas máis necesitadas, adopten medidas de xustiza social, aposten pola equidade social con medidas reais e sexan solidarios porque poden facelo”.

Falecemento

O portavoz do Grupo Socialista comezou a súa intervención lembrando o falecemento do concelleiro socialista de Marín e traballador do Grupo Nogar, Benito González, a consecuencia das feridas que recibiu no incendio de Pontesea, en Pontevedra. Luis Álvarez trasladou a solidariedade e o apoio á familia e amigos do compañeiro de Marín.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41