Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba a nosa proposta para para reclamarlle á Xunta que cubra as baixas e vacacións no PAC de Bueu

Paloma Castro lamenta o voto en contra do PP a ampliar o bus directo entre Bueu e o Hospital de Montecelo e o reforzo do servizo de fisioterapia na localidade

A Comisión de Sanidade do Parlamento aprobou hoxe parcialmente unha iniciativa socialista para pedirlle á Xunta que garanta a cobertura das baixas e vacacións no PAC de Bueu. A parlamentaria socialista Paloma Castro lamentou que o PP deixara fora do acordo a ampliación ata Bueu da liña de autobús entre Marín e o Hospital de Montecelo e o reforzo do persoal do servizo de fisioterapia.

Castro presentou unha proposición non de Lei na Comisión de Sanidade do Parlamento para reivindicar o reforzo do persoal do dito PAC, e lembrou que o Sergas “ten que proporcionar unha asistencia sanitaria en igualdade de condicións, independentemente da cor política dos concellos”.

Sinalou que “non pedimos nada desproporcionado, só mellorar a atención sanitaria no Concello de Bueu” nun PAC que, dixo, “presenta moitísimas carencias que están a provocar un gran agravio e obrigan á veciñanza ao traslado a outros concellos”.

Advertiu que os recortes do PP provocan a desatención dos 12.000 habitantes do concello, que se ven obrigados a desprazarse 15 quilómetros a Marín, ou ben outros 23 quilómetros para acceder aos centros de referencia de pediatría -Hospital provincial- e as diferentes especialidades -Hospital Montecelo-.

A parlamentaria socialista advertiu que o centro non ten cubertas as prazas que lle corresponden, “pero tampouco das baixas nin vacacións do persoal médico”, provocando a sobresaturación dos cupos dos profesionais do centro, que teñen que asumir xornadas extenuantes para atender a 60 persoas, ademais das saídas a domicilio.

Autobús

Lamentou a falla de acordo para garantir o acceso en bus directo co hospital de Montecelo, que é o centro de referencia da localidade, xa que os veciños e veciñas teñen que acudir en vehículo particular ou facendo varios transbordos. Trátase, dixo, cunha “reivindicación xusta que apenas ten un custe económico, e que depende unicamente da vontade política do goberno de prestar este servizo á veciñanza de Marín ou ser igualitarios e estendelo a Bueu”.

A parlamentaria socialista considera “inexplicable” que o PP impida pedirlle á Xunta que reforce o servizo de fisioterapia, “imprescindible” para os pacientes e que está “sobresaturado” nun concello cunha grande porcentaxe de poboación envellecida e que arrastra doenzas crónicas logo unha vida dedicada á pesca ou á agricultura.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a mellorar a atención sanitaria no Concello de Bueu, nomeadamente:

  1. Cubrir as baixas e vacacións do persoal médico que desempeña funcións no PAC de Bueu”.
Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28