Categorías: Uncategorized

O Parlamento aproba a nosa proposta para reclamarlle á Xunta que dispoña o asesoramento técnico e a capacidade económica a favor do proxecto de Altri en Palas de Rei

Martín Seco acusa ao goberno galego de “observar como cronista” e esixe a implicación para que o proxecto non se converta nun novo fiasco “coma o de Pemex

O Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que poña o seu asesoramento e capacidade económica a favor do proxecto de Altri en Palas de Rei. O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Martín Seco, presentou esta iniciativa que foi aprobada na Comisión de Industria incorporando unha emenda do PP.

Seco presentou esta iniciativa para esixirlle ao goberno galego que “deixe de observar como cronista” e poña sobre a mesa toda as competencias propias para que “fagan algo máis que mirar para Madrid e demostren que o Altri de 2023 de Alfonso Rueda non é o Pemex de 2012 de Feijóo”. Reclamoulle á Xunta que poña en marcha “as súas competencias para identificar e asesorar á empresa Altri para conseguir fondos europeos e conseguir que o proxecto sexa unha realidade”.

Sinalou que o proxecto é “unha boa idea”, e advertiu que “ninguén en Galicia entende que a día de hoxe non deran posto a andar un proxecto que anunciou o señor Feijóo no seu derradeiro debate do Estado da Autonomía hai case dous anos”. Puxo en dúbida a capacidade de xestión económica e industrial do goberno galego, que en 14 anos “foron incapaces de que a madeira e o leite marcharan fora de Galicia”, malia que é o maior produtor de España.

Explicou que mentres Galicia produce a metade da madeira do Estado só aporta o 13 por cento da renda. Explicou que os propietarios do forestal en Galicia reciben ao ano 300 millóns de euros, 10 veces menos que os 3.000 millóns de euros que produce a agricultura en Almería, que dispón de dous terzos da superficie de Galicia.

Esixiulle ao goberno galego que “ademais de anuncios activen as súas competencias económicas e industriais” para introducir novos axentes económicos no sector da madeira e apoiar aos existentes, acompañado de “dunha necesaria ordenación territorial do noso monte”. Reclamoulle á Xunta que “estea preocupado de como facer realidade novos proxectos empresariais e non tanto en como facerlle oposición ao goberno do Estado”.

O parlamentario socialista aceptou un novo punto de engádega a través dunha emenda presentada polo PP para reclamar fondos Next Generation para o proxecto. Engadiu que a Xunta “debe asesorar e implicarse en la identificación de que pode ir a cada liña de Perte”, e amosouse “seguro de que se aprobaran fondos para tal fin e o éxito será do goberno do Estado”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento insta á Xunta de Galicia a:

  1. Poñer a disposición da empresa promotora da planta de fibras téxtiles en Palas de Rei o asesoramento técnico e económico para conseguir a financiación necesaria do proxecto e acudir ás convocatorias de Perte establecidas polo goberno de España, con garantías para a consecución duns fondos esenciais para a posta en marcha da planta.

  1. Demandar ao Goberno de España que cumpra co seu compromiso de garantir o financiamento necesario para a implantación desta fábrica no concello de Palas de Rei, a través dos fondos Next Generation”.
Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28