Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista sinala que a “nefasta xestión” de Feijóo e Rueda na Xunta multiplicou a débeda por 2,5 sen mellorar a calidade de vida dos galegos e das galegas

Begoña Rodríguez Rumbo aplaude o acordo de investidura no que ten participado Gómez Besteiro para abrir a porta á condonación de parte da débeda co Estado

A viceportavoz do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, criticou que a “nefasta xestión” de Feijóo e Rueda á fronte da Xunta provocou que a débeda pública de Galicia se multiplicara por 2,5 sen que iso supuxera a mellora da calidade de vida dos galegos e galegas. Rodríguez Rumbo presentou unha moción no Pleno do Parlamento para reclamarlle á Xunta que execute os seus Orzamentos e o Fondo de Compensación Interterritorial, que foi rexeitada co voto en contra do PP.

Rodríguez Rumbo lembrou que dende a chegada de Feijóo e Rueda ao goberno galego en 2009, a débeda pasou de 4.859 a 12.333 millóns de euros ata que en 2022 teñen rexistrado o segundo peor dato de toda a serie histórica, e que en só un ano, entre 2021 e 2022, aumentou 509 millóns de euros. Isto supón que a xestión do PP no goberno galego supuxo que cada galego e galega pasara de 1.752 a 4.565 euros de débeda en só 14 anos.

Advertiu que “o problema xurde cando ademais de endebedarnos” ata niveis históricos, “Galicia non vai a mellor” e mesmo como informa o INE, Galicia é a terceira comunidade autónoma con peor calidade de vida do Estado. Sinalou que este nivel de endebedamento “tampouco serviu para executar os Orzamentos proxectados cada ano polo goberno galego, que inclúe exercicio tras exercicio as mesmas actuacións prioritarias que seguen a seguir paralizadas.

A responsable socialista fixo unha escolma dalgunhas das principais actuacións, como a Variante de Carballo, a VAC Costa Norte, anunciada polo ex conselleiro do PP Xosé Cuíña en 2001, ou a VAC Baio Berdoias, comprometida por Feijóo en 2008. Engadiu o acceso ao Porto Seco de Monforte, o Plan Paradai e a Rolda Leste de Lugo, o Ecobarrio e o Centro de Atención ás Persoas con Discapacidade e o Hotel Balneario en Ourense ou o IES de Navia, en Vigo.

A listaxe continúa coa dragaxe do río Lérez ou a ampliación do Polígono Industrial do Campiño, en Pontevedra, así como o Polígono de Fragamoreira, en Poio, comprometido en 2013 e, como todas estas infraestruturas, vén discorrer ano tras ano sen que a Xunta faga

A proposta socialista tamén reclamaba por este motivo un informe sobre a “deficitaria planificación orzamentaria” e a “deficiente execución orzamentaria”, ademais de pedirlle que informe sobre a execución dos fondos Next Generation e que cumpran coas recomendacións do Consello de Contas. Lamentou que o PP rexeitara todas e cada unha destas propostas incluídas na moción do Grupo Socialista.

Condonación da débeda

Rodríguez Rumbo explicou que “volve ser un goberno socialista encabezado por Pedro Sánchez quen atende ás necesidades das comunidades autónomas”, en alusión ao acordo de investidura “no que participou activamente o noso candidato, José Ramón Gómez Besteiro”. Este acordo incorpora unha modificación legal para habilitar que o Estado asuma parte da débeda que as comunidades autónomas de réxime común manteñen viva con este.

A responsable socialista explicou que este acordo, engadiu, habilita ademais acudir a transferencias para a cancelación da débeda no caso de endebedamento con terceiros distintos do Estado no caso de ser necesario. Emprazou ao goberno galego a “prepara todo para acordar esa condonación para sanear a situación financeira” de Galicia en canto Pedro Sánchez sexa investido de novo presidente e sexa constituído o novo goberno do Estado.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21