Categorías: Secretaría Xeral

Besteiro celebra a bonificación das peaxes da autoestrada AP-53 coa que se salda “unha débeda histórica coa Galicia interior”

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta resalta que a medida beneficiará a máis de 7.000 familias que viaxan diariamente por esta autoestrada

Remarca que “nin Feijóo, nin Rueda, nin Rajoy” lograron liberar esta carga “á que nos condenou o PP ata o 2074”

David Regades sinala que “cando goberna o PSOE sempre melloramos a vida das persoas da comarca do Deza” tanto coa suba das pensións, do SMI ou mesmo con estas peaxes

José Ramón Gómez Besteiro, candidato socialista á presidencia da Xunta, celebrou este martes a bonificación das peaxes da autoestrada AP-53 acordada entre PSOE e BNG coa que considera que se salda “unha débeda histórica coa Galicia interior”.

O deputado lugués acudiu á peaxe á altura de Silleda para reivindicar esta bonificación dun 75% que beneficiará ás 7.000 familias galegas que percorren esta autoestrada diariamente. Resaltou que “custou moito chegar a este acordo” e que custou “o camiño para chegar ata a gratuidade que se iniciou polo goberno de Pedro Sánchez” hai un ano coas bonificacións das tarifas na AP-9, e que continua coa ampliación das mesmas e a súa extensión á AP-53 no 2024.

Nesta autoestrada se instaurará unha bonificación igual á existente na AP-9, polo que a viaxe de volta será de balde, así como unha extensión dun 50% máis de bonificación para os viaxeiros superrecorrentes, os que superan as 20 viaxes ao mes.

Gómez Besteiro considera que o goberno socialista “libera” así a Galicia dunha “condena que nos impuxo o PP ata o 2074” con esta peaxe. Algo que “non foi capaz de facer nin Feijóo, nin Rueda, nin Rajoy” nin o mesmo alcalde de Lalín, José Crespo cando foi senador, inquiriu.

Esta “débeda histórica coa Galicia interior” na conexión Santiago-Ourense, é tamén para Besteiro unha débeda coa comarca do Deza, xa que se estaba a limitar e a gravar a actividade nunha comunicación que considera esencial para a vertebración da comunidade autónoma. Así mesmo, lembrou que no vindeiro ano chegará a A-54 que conectará Lugo con Santiago, nunha nova infraestrutura en beneficio “de todos os galegos e galegas”.

PEAXES CORTESÍA DE AZNAR ATA 2074

Xunto a Besteiro estivo o secretario provincial do PSdeG en Pontevedra, David Regades, recalca dende Silleda que o PSOE pon fin á “condena” ás maiores peaxes por quilómetro de toda España, “cortesía de Aznar ata o ano 2074”.

Este acordo demostra que sempre que goberna o Partido Socialista en España avanzamos, porque cando subimos as pensións co IPC benefíciase ás persoas xubiladas do Deza; cando subimos o Salario Mínimo, benefíciase aos traballadores e traballadoras do Deza e cando acabamos coas peaxes inxustas que o PP lle puxo a toda a veciñanza do Deza, tamén melloramos a vida da xente desta comarca”, afirmou o tamén deputado no Congreso.

Pola súa banda, o alcalde de Silleda, Manuel Cuíña, agradeceu ao PSdeG o esforzo que está facendo pola comarca do Deza, en especial con esta autoestrada AP-53 que será bonificada o ano que vén. Remarcou que estamos ante unha vía de alta capacidade que non funciona como tal por culpa destas cargas económicas que obrigan aos veciños e veciñas á N-525 que está “supersaturada”. Ademais do alcalde de Silleda, acudiron diversos representantes institucionais e do partido de toda a provincia e a comarca.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29