Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista reclama un incremento de 139 millóns de euros en Sanidade para contratar un millar de profesionais de Atención Primaria

Luis Álvarez alerta de que o colapso sanitario é consecuencia de máis dunha década de “falla de planificación e xestión deficiente” por parte dun goberno galego centrado na “improvisación permanente”

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, reclamoulle hoxe ao goberno galego que nos Orzamentos de 2023 incremente a partida do Sergas en 139 millóns de euros para habilitar a contratación de preto dun millar de profesionais sanitarios para atención primaria. Álvarez interveu na Deputación Permanente do Parlamento na que apoiou a petición de comparecencia do presidente da Xunta para dar conta da situación da sanidade.

O responsable socialista instou ao goberno galego a empregar os orzamentos do próximo ano para paliar o diferencial de 976 profesionais médicos que perdeu a sanidade galega con respecto aos 9.610 contratados en 2009. Advertiu que a situación da sanidade galega constitúe xa un “problema estrutural” logo de “máis dunha década de déficit médico” pola “falla de planificación e deficiente xestión” por parte dun goberno que “xestiona na improvisación permanente”.

Álvarez tomou os argumentos da propia Confederación de Sindicatos Médicos de Galicia para rexeitar o plan de continxencia presentado polo Sergas para cubrir as ausencias nos PAC este verán. O parlamentario socialista coincidiu cos representantes sindicais ao considerar “inconcibible” que logo de máis dunha década de perda de persoal, e despois do sobreestrés asumido na pandemia, os facultativos “estean de novo excedidos con sobrecarga de traballo”.

Sinalou que “o problema deriva da falla de recursos, e obedece a que cando a Xunta orzamenta cantidades inferiores, a consecuencia lóxica é ter unha situación peor da media estatal”. Unha situación, explicou, que tampouco foi resolta polo “invento” de Sanxenxo respaldado pola Xunta, onde a pesares de facilitar vivendas veraniegas aos profesionais sanitarios, a realidade é que a mediados de agosto pecharon as axendas dos centros de saúde e “é imposible conseguir cita”.

Esta é a “realidade endiablada”, dixo, do respaldo da Xunta a un modelo “ex novo” no que “privilexian a un concello dunha forma absolutamente indecente facendo dumping sanitario”. Así o dixo no debate parlamentario de hoxe suscitado logo do falecemento dunha persoa no PAC de Baltar, en Sanxenxo, este mesmo verán.

MIR

Luis Álvarez advertiu ademais de que “non debera servir o argumento de que Galicia non ten suficientes MIR habilitados”, por canto o goberno central vén de asinar a quinta convocatoria MIR máis grande da historia de forma consecutiva, máis que duplicando a oferta que asinaba Rajoy, con 207 prazas fronte ás menos de 100 do PP.

Sinala ademais que o actual goberno de Galicia puido dispor de tódalas prazas de formación solicitadas, e advertiu de que “no é moi serio que demanden prazas a posteriori despois de que se pechen as convocatorias unicamente para ter o argumento de que non concederon as que foran solicitadas”. Explicou que a realidade é que “os médicos que formamos  non se quedan en Galicia porque non teñen unhas condicións laborais e salariais atractivas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57