Categorías: Actualidade

Formoso esíxelle á Xunta que “cumpra coa Costa da Morte” e inclúa nos orzamentos de 2023 as obras de continuación da autovía

O líder dos socialistas galegos reuniuse en Vimianzo cos alcaldes e portavoces socialistas da comarca para reivindicar a infraestrutura

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, esixiulle hoxe á Xunta que “cumpra coa Costa da Morte” e que incorpore aos próximos orzamentos as obras de continuación da autovía da Costa da Morte para “que sexa unha realidade iniciada en 2023. Formoso reuniuse hoxe en Vimianzo aos alcaldes e alcaldesas, así como aos portavoces socialistas da comarca.

Formoso lembrou que a Xunta presentou antes das eleccións un proxecto de continuación da infraestrutura ata o núcleo de Calo que “a día de hoxe é papel mollado”, pois segue sen dotación orzamentaria nin licitación. Anunciou que os socialistas impulsarán iniciativas para que a infraestrutura “comece a ser unha realidade en 2023”.

Valentín González Formoso criticou máis dunha década de promesas incumpridas polos gobernos de Feijóo e Rueda, e salientou que malia que “parece que hai proxecto, o único que hai son papeis”.

Os socialistas galegos reivindicaron que a Xunta retome a autovía comprometida ata Fisterra, en concreto o tramo final entre Santa Irene e Calo -Vimianzo-, anunciado polo goberno galego antes das últimas eleccións autonómicas, pero que aínda está sen licitar. O líder dos socialistas galegos deu voz hoxe á reivindicación da Costa da Morte para denunciar o incumprimento dos compromisos acadados polo PP coa comarca.

Formoso reuniu en Vimianzo a “toda a forza da Costa da Morte e toda a forza municipal do PSdeG”, con presencia na practica totalidade das alcaldías da comarca, para “que a Xunta de Galicia cumpra xa coa sociedade” da zona e faga unha realidade o inicio do proxecto en 2023.

Os responsables socialistas trasladaron unha demanda unánime para reivindicar unha infraestrutura fundamental para unha comarca que vén de padecer “anos de gobernos do PP que lle deron as costas”. Salientou a urxencia desta vía “para que as xeracións de mañá teñan alternativas e posibilidades de futuro” nunha das zonas de Galicia coas rendas máis baixas.

Explicou que “a Costa da morte é capaz de defenderse” grazas ao seu “dinamismo” socioeconómico e a que conta “cunha sociedade francamente admirable. Sen embargo, dixo, é “imposible” ofrecer as súas “xoias e tesouros” con capacidade económica necesaria “se non se lle dota dunhas infraestruturas de acceso mínimas”.

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, resumiu que “queremos que -a infraestrutura- deixe de ser papeis e que sexa unha realidade”, como veñen prometendo dende antes das últimas eleccións autonómicas engadiu a demanda histórica do concello de que a Xunta acometa a conexión da infraestrutura co polígono empresarial da localidade.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41