Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista insta á Xunta a reforzar as medidas de protección fronte á covid nos xulgados: “Non están a facer unha xestión responsable”

Paloma Castro lamenta o veto do PP a unha proposición non de Lei socialista para impulsar o expediente dixital que garantice o teletraballo

Denuncia que o goberno galego  incumpre a lei cando “permite a mesma afluencia de persoas” aos xulgados que antes da pandemia

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Paloma Castro, lamenta o veto do PP a unha proposición non de Lei socialista, presentada hoxe en Comisión no Parlamento, para reforzar as medidas de protección fronte a covid e garantir o teletraballo. Castro denunciou que o goberno galego “incumpre a lei” cando “permite a mesma afluencia de persoas” aos xulgados que antes da pandemia.

A responsable socialista advertiu que “a falla de previsión e de planificación” por parte da Xunta pode ter “consecuencias nefastas”. Así, incidiu en que o goberno galego “non adoitou medidas de carácter organizativo para garantir distancias de seguridade no desenvolvemento das vistas e audiencias públicas” e agora son os traballadores dos xulgados “quen se queixan de que non están suficientemente protexidos fronte ao virus”.

Castro sinalou “unha clara improvisación por parte da Consellería” que “non achegou suficientes máscaras e biombos de protección”. Ademais, esixiu a colocación de arcos de temperatura e alfombras desinfectantes, xa que “tendo en conta o volume de xente que pasa por un xulgado a diario”, non son medidas “nada desorbitadas”.

Ademais, a responsable socialista recordou a esixencia legal de que existan aparatos de videoconferencia axeitados e persoal informático que os asista para salvagardar o desenvolvemento das actuacións procesuais. Neste senso, denunciou que a Dirección Xeral de Xustiza esixe ao persoal de Xustiza “que desenvolva o seu labor con total normalidade”, tal e como o estaban facendo antes da pandemia, o cal “denota un grao de ética e de responsabilidade impropio dunha administración”.

TELETRABALLO E EXPEDIENTE DIXITAL

Castro urxiu á Xunta a adoitar “todas as medidas que sexan precisas” para garantir o teletraballo “como a fórmula máis viable de desempeñar a actividade laboral na maioría dos supostos e garantir a saúde dos funcionarios”. Para isto, incidiu na necesidade de impulsar a dixitalización, “ferramenta básica para o acceso remoto ao proceso xudicial”.

A responsable socialista recalcou que a implantación do expediente dixital implica a dixitalización de todos os documentos existentes nos xulgados para ser incorporados ao xestor procesual. Para isto, asegura “faise necesario crear servizos de dixitalización e dotalos de medios materiais e persoal”, así como “formar ao persoal” que xa traballa na Administración de Xustiza.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21

Besteiro ve “con moita alarma” o descontrol que o Consello de Contas está detectando na contabilidade do Sergas

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o potencial da industria galega durante a súa visita a TMC Cancela, unha empresa…

07/05/2024 16:05

Besteiro empregará a sesión de control para comprobar o compromiso de Rueda coa rexeneración democrática “ou se opta pola confrontación, a mentira e a crispación”

Elena Espinosa critica a “devaluación as políticas de igualdade” ao dividilas en dúas direccións xerais e acusa ao PP de…

07/05/2024 14:33

Carmen Dacosta censura que a única prevención de incendios da Xunta sexa “facer a danza da chuvia e encomendarse a manitú”

Alerta da falla de tarefas de prevención nos montes, que “se cargan de biomasa sen que a Xunta faga nada…

07/05/2024 14:31

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta axudas específicas á viticultura tradicional da Ribeira Sacra

Lara Méndez reivindicou durante unha visita a unha adega da denominación de orixe “unha maior implicación” por parte do Goberno…

06/05/2024 16:20