Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista reclámalle á Xunta que cumpra coa Carta Europeas de Linguas Minoritarias e asegure “as competencias do alumnado en lingua galega”

A portavoz de Lingua do Grupo Socialista, Noa Díaz, vén de presentar unha Proposición non de Lei no Parlamento na que lle reclama á Xunta que cumpra coa Carta Europea de Linguas Minoritarias con respecto do galego no ensino e “asegure no ámbito educativo as plenas competencias en lingua galega do alumnado”. Díaz denuncia unha “campaña de acoso do PP contra o galego baseada en falsidades” sobre a lingua.

A responsable socialista alerta de que o Consello de Europa “leva anos censurando, nos seus informes sobre o uso das linguas minoritarias, a perda de presenza do galego no ensino”. Esta deriva, explica o propio Consello, da “falla de respecto dos dereitos das persoas respecto da súa propia lingua a través da política lingüística da Xunta”.

Mesmo o comité de expertos para a Carta Europea ten considerado que os límites do decreto do plurilingüismo de 2010 están “claramente en contradición cos compromisos adquiridos polas autoridades españolas e galegas” de impulsar o galego no ensino.

Así o constata o Instituto Galego de Estatística, que reflicte “cifras cada vez menores de coñecemento e uso do noso idioma en rapaces e rapazas de 5 a 14 anos”, onde unha terceira parte non sabe escribilo e o 20 por cento non sabe falalo nin lelo.

Lei Educativa

Nesta mesma iniciativa, a responsable socialista reclama o apoio do Parlamento de Galicia á nova Lei educativa do Estado en materia de ensinanza das linguas cooficiais que, explica, “garante o dereito do alumnado a recibir ensinanzas nas súas linguas oficiais”. Esta Lei propón “un ensino que garanta as competencias nas linguas oficiais de cada territorio”.

Explica que a norma, en contra do intento de demonización por parte dos partidos conservadores, está “en sintonía co Plan xeral de normalización da lingua galega aprobado por unanimidade polo Parlamento galego en 2004 e coa Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias”. Por iso, sinala que ao finalizar o ensino obrigatorio “todos os alumnos e alumnas deberán alcanzar o dominio pleno e equivalente na lingua castelá e, no seu caso, na lingua cooficial correspondente”.

Noa Díaz sinala que o texto da nova Lei sinala explicitamente que “as administracións educativas garantirán o dereito do alumnado a recibir nas linguas cooficiais nos seus respectivos territorios, de conformidade coa Constitución española, os estatutos de autonomía e a normativa aplicable”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13