Categorías: A CoruñaAcción Municipal

Pablo Arangüena destaca que os PGE “benefician a Galicia e á Coruña” con inversións “históricas” na ría do Burgo ou nas rebaixas da AP-9

O vicesecretario xeral reclama a Feijóo “compromiso inversor” coa cidade herculina nos orzamentos da Xunta, cuxa única acción na pasada lexislatura foi unha pasarela peonil

A Coruña, 18 de novembro de 2020. O vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena, destacou hoxe dende A Coruña que os orzamentos do Estado son “positivos e beneficiosos” tanto para a cidade herculina como para toda Galicia, nun contexto no que, ademais, son “fundamentais” en España para a loita contra as consecuencias económicas e sociais da pandemia.

No concreto da Coruña, o dirixente socialista puxo en valor os 48 millóns de euros que se dedican ao saneamento da ría do Burgo logo da aprobación do plan definitivo, así como a rebaixa “histórica” das peaxes da AP-9. “Son cuestións moi beneficiosas para esta cidade e a súa contorna”, remarcou.

En paralelo, Arangüena incidiu en que as inversións en Galicia que inclúen estes orzamentos sitúan a media de gasto por galego en 308 euros, moi por riba da media do Estado, con 258 euros por persoa, ou de comunidades como Madrid, Cataluña, Valencia ou Andalucía.

Así mesmo, o vicesecretario xeral sinalou como as contas “máis sociais da historia” son “beneficiosas” para os galegos e as galegas en xeral, toda vez que a nosa é unha comunidade moi dependente do gasto social á vista do alto nivel de avellentamento da poboación e de que temos pensións e salarios por baixo da media do Estado.

Por todo isto, Pablo Arangüena xulgou “unha irresponsabilidade” non apoiar estes orzamentos no Congreso, como fixeron o PP e o BNG ademais de Vox, máxime nun escenario no que as contas vixentes levan dous anos prorrogadas e que están “desfasadas” para combater a “fonda crise” que atravesa o país por mor da chegada do coronavirus.

ORZAMENTOS DA XUNTA

Así as cousas, o tamén deputado socialista aludiu á próxima entrada na Cámara galega dos orzamentos da Xunta. “Esperamos que haxa un compromiso inversor do goberno galego nesta cidade logo de catro anos de ausencia”, criticou.

De feito, recordou que “a única inversión significativa” da Xunta na Coruña nos últimos catro anos foi “unha pasarela peonil”, para a que se consignaron dous millóns de euros. Por iso, urxiu a Feijóo a que “deixe de marear a perdiz” e cumpra coa renovación do CHUAC.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18