Categorías: A CoruñaActualidadeParlamento de GaliciaSanidade

O PSdeG reclama coñecer cantos rastreadores ten o Sergas en activo e con que criterios se fixo a súa contratación

O voceiro de Sanidade do Grupo Parlamentario demanda que se tomen todas as medidas de prevención, rastreo e aumento de persoal de atención primaria na área da Coruña

Santiago, 12 de agosto de 2020. O voceiro de Sanidade do Grupo Parlamentario Socialista, Julio Torrado, reclamou hoxe á Xunta coñecer de cantos rastreadores dispón o Sergas en activo nestes intres e cantos deles están asignados á area metropolitana da Coruña, a máis afectada agora mesmo polos rebrotes de covid.

Ao fío da contratación de rastreadores, Julio Torrado demandou saber “cal foi o método de selección” deste persoal e quen está levando adiante a dirección do seu traballo. Do mesmo xeito, preguntou como se ten configurado a súa coordinación cos profesionais de atención primaria, á vista das queixas do persoal dos centros de saúde ao respecto.

En paralelo, o deputado socialista requiriu ao goberno galego que aclare se ten previsto incrementar o persoal de atención primaria dispoñible nestas datas estivais para facer fronte aos rebrotes de coronavirus.

“A Xunta ten que implicarse na solución dos problemas no canto de maquillar as cifras e de tentar endosar a responsabilidade aos concellos”, recalcou o parlamentario do PSdeG, ao tempo que urxiu á Xunta a aclarar que previsións manexa sobre o aumento dos casos.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08