Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista insta á Xunta a mellorar o Centro de Saúde do Carballiño e a súa central de chamadas

Marina Ortega urxe un incremento de persoal, así como a recuperación da sala de espera de Radioloxía

A responsable de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, vén de instar á Xunta de Galicia, a través dunha batería de iniciativas presentadas no Parlamento de Galicia, a ampliar e mellorar o Centro de Saúde do Carballiño e a súa central de chamadas ante “constantes recortes”.

Ortega urxiu o incremento de persoal médico nas áreas de Medicina de Familia e Xinecoloxía, así como o persoal de Psicoloxía, Fisioterapia, Enfermaría, auxiliar de enfermaría e persoal administrativo. Ademais, instou a mellorar a central de chamadas e a recuperar a sala de espera de radioloxía.

“O Carballiño ten un centro de saúde moi pequeno para poder dar un servizo sanitario adecuado, tendo en conta o gran aumento do número de consultas, o que supón que os pacientes de Radioloxía agarden acumulados nun corredor”, denunciou. Ademais, Ortega criticou que o servizo de Psicoloxía Clínica leve “máis de seis meses sen prestar servizo” no centro, “nun momento de moita demanda tendo en conta o contexto derivado da pandemia”.

A responsable socialista incidiu na importancia de mellorar as instalacións, así como de ampliar o persoal sanitario do centro de saúde, tendo en conta que a maioría de servizos atenden a toda a comarca, un dos núcleos de poboación máis grandes da provincia.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28