Categorías: Actualidade

Orzamentos de cartón – pedra en Sanidade “con tantas imprecisións que máis que orzamentos públicos semellan off – shore”

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, criticou hoxe uns “orzamentos de cartón – pedra” na Consellería de Sanidade, que “pasan de largo pola covid”. Torrado interveu na comparecencia do conselleiro para presentar as contas do departamento para 2021, que “incorren en tantas imprecisións e tantas alteracións que, máis que uns orzamentos públicos, semellan uns orzamentos off – shore”.

O responsable socialista desmentiu o incremento orzamentario para Atención Primaria, que o conselleiro citou nun 11 por cento cando nos orzamentos presentados polo goberno galego só aumentan un 7,45 por cento. Explicou que este incremento, ademais de quedar lonxe do 11 por cento que crecen os orzamentos da Consellería, e á metade do 14 por cento de incremento das contas da Xunta, será asumido na súa totalidade polo incremento salarial do persoal público.

Criticou que o conselleiro comezara a súa intervención aludindo a que “hai orzamentos noutros lugares” e que non figuran nas contas orzamentadas e presentadas no Parlamento pola Consellería, á que acusou de “orzamentar mal a propósito”. Dixo que “estaría ben que presentaran uns orzamentos con algún sentido ou coherencia consigo mesmos”, mentres no Parlamento serán aprobadas unhas contas con só 87 novos profesionais sanitarios en Atención Primaria.

Sinalou que “as prioridades establecidas non están en relación coas necesidades reais”, xa que replican as mesmas 87 contratacións do ano anterior, cando non había pandemia nin a campaña de vacinación máis importante da historia. Advertiu que en termos xerais de persoal “recoñecen, na Memoria dos Orzamentos, a implementación dun plan de continxencia covid” que, dixo, “estaría mellor que o presentaran 10 meses antes”, cando chegou o coronavirus.

Lembrou ás irregularidades nos orzamentos de Sanidade que ten apuntado o Consello de Contas, logo de constatar que dedica recorrentemente o fondo de continxencia de forma íntegra a contratacións de persoal eventual e precario. O mesmo ente fiscalizador sinala limitacións no sistema de control interno ou que sigan sen implantar un sistema integral de contabilidade obrigado polo Plan Xeral de Contabilidade Pública de Galicia.

Orzamento insuficiente

Este orzamento “resulta a todas luces insuficiente” para afrontar o reto dunha pandemia que obriga a adaptar o sistema asistencial, mentres “seguimos sen saber nada dos rastrexadores” do Sergas, que deberan ser a punta de lanza da estratexia para frear á pandemia. O responsable socialista preguntou se “houbo algunha vez 6.000 rastrexadores”, parafraseando o título da obra de Jardiel Poncela “Pero… houbo algunha vez once mil virxes?”.

Alertou de que “non existen partidas específicas para practicamente ningún centro de saúde en todo o territorio”, con anuncios que repiten os do ano pasado, “como a finalización do Centro de Saúde de O Saviñao”. Os anuncios de novos centros e a falla de concreción sobre os centros que deben ser reformados “non se corresponde co que amosan os orzamentos, nunha contradición interesada que evidencia unha política falaz”.

Os hospitais comarcais de Galicia, ademais, padecen os “investimentos mínimos que non teñen percorrido máis alá de mínimas aportacións”, sumando en total 6, mentres anuncia un investimento de 9 millóns de euros para o Centro Integral de Saúde de Lalín.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18