Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta que explique en que gastou os 92 millóns dos Fondos Covid destinados a Educación

Luís Álvarez pide á Xunta que explique as partidas orzamentarias ás que destinou os fondos do Estado para “gasto educativo”, que pediu gastar “con liberdade”

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luís Álvarez, esixiu á Xunta, a través dunha batería de iniciativas presentadas no Parlamento, que explique en que gastou os 92 millóns dos Fondos Covid-19 destinados a educación. Así, Álvarez instou ao goberno galego a explicar cantos cartos dedicou exclusivamente a “gasto educativo”, e a definir as partidas destinadas tanto aos centros públicos como aos concertados.

O responsable socialista destacou que o Ministerio de Educación e Formación Profesional, “respectando a capacidade dos gobernos das comunidades autónomas, fixo fincapé en que os Fondos Covid-19 correspondentes ao tramo 3”, dotados con máis de 2.000 millóns de euros en todo o Estado, dos que 92 millóns lle corresponderon a Galicia, tiñan “como finalidade os gastos educativos, poñendo como exemplo a contratación de profesorado, a habilitación de novos espazos ou outras necesidades ás que se debe facer fronte”.

Pese a estas consideracións, Álvarez lamentou que “o presidente da Xunta pediu liberdade para dedicar eses fondos ao que considerase o propio goberno galego, argumentando, segundo saíu publicado nalgúns medios, que son ‘maiores de idade’ para decidir a que programas destinar ditos fondos”. Neste marco, o responsable socialista instou á Consellería de Educación a explicar “que cantidade dedicou exclusivamente a gasto educativo; cantos profesores se contrataron; ou canto diñeiro se destinou a centros públicos e canto a centros concertados”.

Por último, Álvarez puxo en valor esta “medida excepcional” tomada polo goberno do Estado, quen considerou “o papel excepcionalmente relevante que desempeñan as comunidades autónomas na prestación de servizos públicos como a educación” á hora de dotar a partida de educación dos Fondos Covid-19.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57