Categorías: ActualidadeUncategorized

O PSdeG urxe á Xunta a tomar medidas nas residencias trala aparición de máis de 50 contaxios “nun só día” no xeriátrico de Barbadás: “Están fallando os protocolos”

Marina Ortega sinala que a Xunta “está fallando incluso nas súas residencias de xestión directa de maiores” e reclama “máis recursos humanos e materiais” ante unha situación “moi grave”

A deputada Marina Ortega no Parlamento

A secretaria de Política Social do PSdeG, Marina Ortega, urxiu hoxe á Xunta a que tome medidas nas residencias de maiores ante a aparición de máis de 50 contaxios “nun só día” no xeriátrico de Barbadás.

Trátase, como remarcou a dirixente socialista, dunha residencia pública e de xestión directa da Xunta, polo que este brote pon de manifesto que “están fallando os protocolos da Consellería de Política Social, que ten a responsabilidade de garantir a seguridade sanitaria dos nosos maiores”.

“Despois do que aconteceu na primeira vaga da pandemia, a Xunta xa debería ter tomadas todas as medidas de precaución para evitar contaxios masivos”, incidiu Marina Ortega, para quen é “moi grave” o que está ocorrendo.

Tras facer fincapé en que a Xunta “está fallando incluso nas súas residencias de xestión directa”, a responsable de Política Social do PSdeG reclamou un reforzo nos recursos humanos e materiais dos centros de maiores.

“De xeito urxente e inmediato, a Xunta debe incrementar o persoal de atención aos maiores nos centros”, subliñou, consciente da importancia de “protexer ás traballadoras e aos usuarios das residencias”.

Neste escenario, Marina Ortega requiriu á conselleira de Política Social que compareza “inmediatamente” no Parlamento para dar conta do que está sucedendo.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04