Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero esixe a Feijóo que “rectifique” e “compareza para apoiar o estado de alarma” ante o aumento dos contaxios en Galicia e España

Advirte a Feijóo de que “non se pode xogar coa saúde da cidadanía por unha falsa cuestión reputacional”, cando toda Europa está tomando medidas similares, e urxe á Xunta a actuar reforzando a sanidade e con medidas de apoio económico e social

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2020. O portavoz do Grupo Socialista, Gonzalo Caballero, esixiulle hoxe ao presidente da Xunta que “rectifique a súa posición contraria ao estado de alarma”. O líder dos socialistas galegos reclamoulle a Feijóo que “deixe de estar agochado” e compareza para respaldar a medida que mellor garante a loita contra o coronavirus porque “non se pode xogar coa saúde da cidadanía por unha falsa cuestión reputacional”, nun momento de restricións en toda a UE.

O secretario xeral do PSdeG sinalou que o estado de alarma é a figura constitucional que ofrece solvencia xurídica para tomar todas as medidas necesarias para frear a segunda onda de contaxios e advertiu que “non hai actividade económica, cultural nin social se non defendemos a saúde”. Por iso, instou ao PP a subsanar “o erro histórico” de “obstaculizar” no Congreso este instrumento, e tamén ao BNG, que na primeira onda pasou de apoialo a absterse, a que agora apoien unha medida que xa pediron 10 autonomías.

Ademais, Gonzalo Caballero apuntou que o nivel de contaxios é suficientemente grave como para que Feijóo deixe de estar “agochado” e o goberno da Xunta “ausente” durante a fin de semana na que é anunciado o novo estado de alarma. Criticou que o goberno galego está “ausente” dos problemas de Galicia, convertendo a Atención Primaria “nun servizo telefónico”, co programa de vacinación da gripe “colapsado” aos poucos días de comezar, sen planificación económica…

Así mesmo, criticou a insuficiencia de medidas por parte da Xunta cando hai 100 falecidos nas residencias de maiores e un gromo nunha residencia pública xestionada pola Xunta, en Barbadás, onde se rexistrou un contaxio masivo de máis de 50 persoas. E, no que atinxe ao eido económico, incidiu Gonzalo Caballero, Feijóo pasou en apenas catro días de anunciar sete proxectos para obter fondos europeos a máis de 100 “sen que ninguén coñeza os criterios nin a planificación”.

COMISIÓN DE REACTIVACIÓN

O líder dos socialistas galegos deu conta da proposta socialista para o plan de traballo da Comisión de reactivación económica de Galicia, se ben puxo o foco na importancia de estender a súa vixencia, toda vez que o prazo pactado por PP e BNG remata antes de que cheguen os fondos da UE.

Deste xeito, o groso das comparecencias terán lugar no Parlamento de Galicia no mes de novembro, polo que o PSdeG presentou unha proposta que incorpora a representantes sindicais, empresariais e expertos dos eidos económico, de transición ecolóxica e no reto dixital, da cultura, da igualdade e do medio rural, entre outros.

Tamén incorpora asociacións sanitarias, familiares dos usuarios das residencias (REDE), traballadoras (Trega) ou a conselleira delegada de Domus Vi.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28