Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista empregará o debate do Estado da Autonomía para facer balance de “14 anos de precarización e recortes” e para presentar ao PSdeG como “alternativa sólida e crible”

Begoña Rodríguez Rumbo sinálalle a Rueda que “ser presidente non é repartir cheques e invitar a cervexas”

A viceportavoz do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, adiantou hoxe que o Grupo Socialista empregará o debate do Estado da Autonomía para facer balance dos “14 anos de precarización e recortes” de Feijóo e Rueda e presentar o “proxecto sólido do PSdeG como única alternativa” ao PP. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces que fixou a orde do día do próximo Pleno do Parlamento, no que se celebrará o debate de Política Xeral.

A responsable socialista anunciou un modelo alternativo centrado na recuperación demográfica cun enfoque transversal do que participen tódolos departamentos do goberno galego para frear a perda de poboación de Galicia, que rexistrou en 10 anos 91.000 habitantes menos, 6.000 só no último ano.

Os socialistas galegos presentarán así un proxecto centrado na defensa dos servizos públicos e o Estado do Benestar, partindo do reforzo da sanidade coa mellora das condicións laborais dos profesionais sanitarios de Galicia.

O portavoz do Grupo Socialista, explicou, intervirá no debate para reclamar a blindaxe do ensino público e recuperar a gratuidade dos libros de texto, ademais dun modelo económico centrado no desenvolvemento sostible, emprego de calidade e garantir unha política de vivenda pública logo de anos de desleixo dende a Xunta de Galicia. Defenderá un novo modelo de desenvolvemento industrial e o desenvolvemento do Pacto Local con tódolos concellos de Galicia.

Rodríguez Rumbo adiantou que os socialistas galegos farán unha intervención pegada á realidade socioeconómica do país e das necesidades para acadar unha Galicia ecolóxica, dixital, cohesionada social e territorialmente baixo o principio transversal da igualdade.

Cervexas

A parlamentaria socialista sinaloulle ao presidente da Xunta que o seu cargo implica “algo máis que repartir cheques e invitar a cervexas”, en alusión á última campaña anunciada polo PP coa que quere “comezar a coñecer Galicia logo de 14 anos no goberno e un ano como presidente”. Cuestionou  que Rueda empregue o seu “primeiro e último debate do Estado da Autonomía” para darlle o pistoletazo de saída á precampaña das eleccións autonómicas.

Sinalou que o xefe do Executivo só pode ofrecer un modelo “fracasado”, logo de constatar que dende que chegou ao goberno hai un ano “non tivemos un só dato que fora a mellor” comezando polos datos de emprego coñecidos hoxe. Mentres o INE sinala o mellor setembro en 15 anos, Galicia rexistra un “comportamento totalmente negativo”, co terceiro maior aumento do paro do Estado, con 7.000 afiliados menos á Seguridade Social e case 3.000 parados máis.

Cuestionou a resposta do goberno galego aos problemas de Galicia, xa que mentres a débeda pública aumenta dúas veces e medio a que había en 2009, eles “desmantelan os servizos públicos”, e mentres provocan esperas na Atención Primaria opta por reducir en 976 os profesionais sanitarios neste servizo.

Advertiu que cando as familias afrontan o inicio de curso máis caro, a Xunta négase a recuperar os libros de texto gratuítos, pechan escolas, suprimen profesorado e deixan desatendido ao alumnado con necesidades especiais. Ademais, cando as valoracións da Dependencia teñen que agardar ata 4 anos para ser resoltas, a Xunta está á cola no investimento neste cuarto piar do Estado do Benestar.

Rodríguez Rumbo criticou que cando hai ata 678.000 persoas en risco de pobreza e exclusión contabilizadas en 2021, o presidente da Xunta responde suprimindo a tarxeta básica para adquirir produtos de primeira necesidade e beneficiar aos 7.700 máis ricos cunha redución do 50 por cento na cota do imposto do Patrimonio.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Apunta que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol “evidencian que a sanidade galega é…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10