Categorías: Actualidade

O Goberno galego debe reforzar os equipos técnicos dos xulgados de menores

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Paloma Castro, reclamoulle hoxe á Xunta “unha política activa” con “maior dotación de recursos” para frear a escalada de delitos cometidos por menores de idade. Castro presentou unha proposición non de Lei en Comisión para reclamar o reforzo dos equipos técnicos nos xulgados de menores e a promoción de programas de intervención educativa e terapéutica coa mocidade infractora, que foi rexeitada polo PP.

Castro advertiu dun incremento dun 52 por cento deste tipo de delitos entre os anos 2018 e 2019, ata case 3.600 infraccións penais cometidas por menores de idade durante, de acordo coa memoria anual da Fiscalía. Subliñou que a delincuencia xuvenil “é un expoñente dun fracaso da sociedade”, e correspóndelle á Xunta de Galicia “dar as respostas que unha sociedade avanzada debe ofrecer ás persoas que comezan a participar na sociedade, pero o fan contravindo as leis”.

Reivindicou así “unha política activa, unha maior dotación de recursos e poñer o foco sinaladamente na prevención, as medidas sancionadoras educativas e a integración e reinserción social dos e das menores”. Apuntou á urxencia de “dotar de recursos suficientes para aplicar a mediación e outras medidas alternativas á xudicialización” e que permitan “unha xustiza restaurativa para afrontar as accións de delitos cometidas por menores”.

Paloma Castro explicou que actualmente hai 50 técnicos en toda Galicia para todos e todas as adolescentes infractores, o que fai “imposible que poidan levar a cabo de forma pormenorizada, singularizada e áxil ese volume de traballo, o que está a provocar unha conxestión do sistema en prexuízo dos dereitos dos e das menores e da efectividade da xustiza”.

O Grupo Socialista reclama polo tanto dotar aos xulgados de menores de equipos técnicos que permitan levar a cabo os programas de mediación. Tamén reclamou un organismo dependente da Consellería de Xustiza “que conte con persoal cualificado e con formación especializada na atención a menores, coa autonomía necesaria para o desenvolvemento das súas funcións na atención socioeducativa”.

Este organismo debera encargarse, explicou, de “desenvolver programas de seguimento e cumprimento das medidas de medio aberto, fundamentalmente para as medidas de liberdade vixiada, asistencia a centro de día, de prestación en beneficio da comunidade e de convivencia con outra persoa, familia ou grupo educativo”, así como programas de actuación individualizados.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57