Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista urxe á Xunta a modificación das convocatorias de axudas posdoutorais para 2021 para evitar a “fuga de cerebros”

Noa Díaz esixe á Xunta que “compense a inexistencia da convocatoria de 2020” incrementando “notablemente” o número de prazas para persoal investigador

A deputada socialista Noa Díaz vén de reclamar á Xunta de Galicia, a través dunha batería de iniciativas presentadas no Parlamento, a modificación do borrador das convocatorias de axudas predoutorais e posdoutorais correspondentes a 2021 para evitar a “fuga de cerebros”, entre outras cuestións.

Díaz esixiu á Xunta que “deixe de mentir” e “compense a inexistencia da convocatoria de 2020”, xa que dadas as circunstancias, “o máis lóxico parecería ter incrementado notablemente o número de prazas para ofrecer máis posibilidades a todo o tecido investigador doutor do noso país”.

Así, criticou que “lonxe diso, a Xunta parece obviar a convocatoria do ano pasado”, de xeito que “aquelas persoas ás que lles correspondería presentarse, non o poderán facer porque o borrador recolle que o persoal investigador que obtivo o título de doutor ou doutora en 2015 ou de licenciatura ou grao en 2009 quedarían inexplicablemente fóra desta convocatoria”.

A responsable socialista lamentou que “ademais de supor un agravio comparativo con outras promocións, a convocatoria, pendente da súa publicación no DOGA, contempla unha serie de modificacións de calado que repercuten de maneira negativa nas condicións de traballo deste persoal e minoran a capacidade de atracción do noso país para establecer a carreira investigadora”.

Nesta liña, sinalou que, no caso das bolsas posdoutorais que “ata o de agora comprendían dous anos de estadía nunha universidade estranxeira máis un ano consecutivo de retorno nunha universidade galega” dentro da modalidade A, na convocatoria deste ano “só esixe” un mínimo de seis meses no estranxeiro, unha estadía que se poderá gozar de maneira flexible ao longo dos tres anos do contrato.

Non obstante, criticou que o goberno galego “modificou notablemente á baixa” as retribucións establecidas para a estadía do persoal investigador en Galicia nesta modalidade, “pasando de cobrar 2.000 euros brutos mensuais, a 1.500”, salarios que “mesmo están por baixo dos mínimos fixados por algunhas institucións científicas que serán receptoras deste persoal investigador”.

A socialista alertou de que a nova configuración da modalidade A sumada á baixa dos salarios “provocará a non desexada fuga de cerebros”, xa que “favorece que moitas das persoas contratadas que gocen o máximo de dous anos de estadía no estranxeiro non volverán a Galicia no ano de retorno”.

Por último, criticou a “importante eiva” que supón a redución das horas de docencia, que pasan dun máximo anual de 80 a 30 e, no caso das axudas predoutorais “mesmo incumpre o estipulado polo EPIPF”, que as sitúan nun máximo de 180 horas.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18