Categorías: Actualidade

Paloma Castro reclámalle á Xunta que “predique co exemplo” e habilite o teletraballo para os seus traballadores que o soliciten durante a pandemia

O PP rexeita a proposta socialista para habilitar o teletraballo ás persoas traballadoras da Xunta durante a situación de emerxencia sanitaria

A portavoz de Política Institucional do Grupo Socialista, Paloma Castro, reclamoulle hoxe á Xunta que “predique co exemplo e faciliten ese autoconfinamento de facto do que fala Feijóo” desbloqueando o teletraballo para os traballadores autonómicos que non desempeñen funcións cara ao público. Castro presentou unha proposición non de Lei neste sentido na Comisión de Política Institucional do Parlamento, que foi rexeitada polo PP.

A responsable socialista reclamoulle ao goberno galego “que actúe do mesmo xeito que fixo na primeira onda da pandemia, concedendo con carácter xeral e extraordinario o teletraballo á meirande parte das persoas empregadas públicas que así o solicitasen”. Se daquela habilitaron esta fórmula excepcional “máis laxa que a ordinaria”, a situación actual, “moito máis grave”, fai que a medida “estea plenamente xustificada”.

O Grupo Socialista solicitou en concreto que a Xunta conceda o teletraballo ordinario “mentres nos atopemos nesta situación de emerxencia sanitaria” a aquelas persoas traballadoras da Xunta que o pidan “salvo aqueles casos nos que desempeñen funcións cara ao público ou nos que a súa presenza sexa indispensable”.

Desta forma, dixo, o goberno galego daría exemplo do cumprimento das recomendacións que fixo esta mesma semana o propio presidente da Xunta, pedindo un “exercicio de responsabilidade” que dea paso a unha sorte de “autoconfinamento” e limitando ao máximo as relacións sociais, adoptando o teletraballo “sempre que sexa posible”.

Lamentou sen embargo que estas recomendacións, acompañadas de medidas estritas para evitar ao indispensable as relacións sociais, foran acompañadas da súa habitual estratexia de “botar balóns fora e eximirse de responsabilidade pola situación sanitaria na que nos atopamos, culpando ao Goberno de España e á cidadanía”. Advertiu que estas declaracións “semellan máis unha desculpa de patio de colexio que a actitude dun xestor responsable”.

A realidade do teletraballo

Castro explicou que a situación real do teletraballo “dista moito do discurso que vende Feijóo”, cunha realidade “moi dispar segundo a Consellería ou organismo no que se traballe” debido á “alta discrecionalidade” que permite a norma. Sinalou que “dúas mulleres do mesmo concello, co mesmo número de fillos e categoría profesional semellante, unha ten concedido o teletraballo pola Consellería de Medio Ambiente e outra, que traballa en Facenda, o ten denegado”.

A realidade práctica do teletraballo, sinalou, ten sido diferente do discurso “oficial” do goberno galego, “aplicándose de forma moi restritiva e cun alto grao de discreción”. O novo acordo ao respecto, publicado o pasado 7 de xaneiro, ten “luces e sombras”, xa que se ben limita o requisito de ter traballado no posto durante 2 anos a só 1, e ao mesmo tempo “limita aínda máis a duración do teletraballo obrigando á presenza a metade dos días laborais da semana”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08