Categorías: Actualidade

Noa Díaz esixe unha “mellora urxente” nas estradas autonómicas AC-406 Santa Comba-Portomouro e AC-453 Portomouro-Roxos, en Val do Dubra

Urxe ao goberno galego unha mellora destes viarios de titularidade autonómica

A deputada socialista pola provincia da Coruña, Noa Díaz, vén de esixir á Xunta unha “mellora urxente” nas estradas autonómicas AC-406 e AC-453 en Val do Dubra. Fíxoo, hoxe, logo de visitar a zona xunto aos responsables socialistas no municipio e presentar unha batería de iniciativas neste senso.

“A AC-406 que comunica Santa Comba con Portomouro precisa, ao seu paso por Paramos, dunha obra que dote de maior seguridade ese núcleo de poboación, xa que carece de bairarrúas e os vehículos circulan a gran velocidade por unha estrada con varias curvas sen visibilidade e mesmo cunha parada de transporte escolar”, denunciou a voceira socialista.

Así, sinalou que, para rematar con esa inseguridade para a veciñanza, “parece oportuna a construción dunha senda peonil por unha das marxes do núcleo que facilite o tránsito dos peóns, unha actuación comprometida hai anos pola Xunta de Galicia da que nada se sabe”.

Por outra banda, Díaz censurou a situación da estrada AC-454 que une Portomouro con Roxos, “vía indispensable de comunicación” para a veciñanza dubresa, xa que “precisa dunha mellora integral dada a súa antigüidade e a elevada intensidade de tráfico pesado que soporta cada día”, polo que “sería precisa a adecuación do seu ancho e melloras de seguridade en varias das curvas segundo un proxecto elaborado no ano 2011”.

“Sabemos polos medios de comunicación que a Xunta vai realizar actuacións nalgunhas estradas, entre elas a A-453”, pero “descoñecemos se esas obras terán como referencia o proxecto de hai dez anos, cando está previsto realizalas e se contempla o ancheamento da estrada nalgún dos seus tramos”, concluíu a socialista, quen pediu unha solución urxente para as dúas estradas.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13