Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba a nosa proposta para reclamarlle á Xunta que desbloquee as concentracións parcelarias

A Comisión de Agricultura do Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que desbloquee as concentracións parcelarias, así como o desenvolvemento da Lei de Mellora da Estrutura Agraria de Galicia –Metaga-, paralizada dende o ano 2017.

O portavoz de Medio Rural do Grupo Socialista, Martín Seco, presentou esta iniciativa, e sinalou que “no PP son responsables” do baixo aproveitamento das terras agrarias galegas, así como do abandono e infrautilización destas propiedades. Advertiu que a falla de impulso do goberno galego ten provocado que os traballos de concentración parcelaria tan só teñan adiantado un terzo da superficie prevista, con tan só 450.000 hectáreas concentradas.

Sinalou que o goberno galego ten bloqueado o desenvolvemento da Lei de Montes Veciñais en Man Común do goberno presidido polo socialista González Laxe, así como a Lei do Banco de Terras que aprobou o goberno presidido polo tamén socialista Emilio Pérez Touriño. Ademais, o goberno galego é o responsable tamén de ter paralizado a súa propia Lei Metaga, arpobada en 2015 e que ten sen desenvolve o regulamento dende o ano 2017.

Explicou que “as zonas agrarias produtivas de Galicia seguen necesitando incrementar a base territorial das explotacións para garantir a súa rendibilidade”, sinaladamente para parcelas que non son rendibles coas técnicas de cultivo actuais, e para as que a única ferramenta é a reestruturación parcelaria. Explicou que “ademais de reunir a propiedade en fincas de maior tamaño permite comprar ou arrendar parcelas de tamaño suficiente para facelas viables”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a:

  1. Priorizar as concentracións parcelarias pendentes, nos investimentos da Administración galega na mobilización de terra agraria, decretando unha nova zona por cada zona rematada.

  1. Desenvolver o regulamento da Lei Metega do ano 2015, paralizada dende o ano 2017”.
Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38