Categorías: Actualidade

Noa Díaz denuncia o “inaceptable maltrato da Xunta á nosa lingua” co patrocinio dun programa radiofónico que non respecta a toponimia

Censura a “despreocupación” e “falla de sensibilidade e pudor” do goberno galego con respecto á nosa lingua cando é “o noso maior patrimonio cultural inmaterial”

A voceira de Política Lingüística do Grupo Socialista, Noa Díaz, denunciou hoxe o “inaceptable maltrato da Xunta á nosa lingua” ao financiar o programa radiofónico realizado por Federico Jiménez Losantos en Sanxenxo, promocionado, xunto ao logotipo oficial do Xacobeo 2021-2022, “coa forma inexistente Sangengo”.

Neste marco, Díaz criticou a resposta do vicepresidente da Xunta. “Como pode dicir que vale máis a promoción dun programa de radio que a protección da nosa lingua, é inaudito”, censurou a responsable socialista, quen cualificou de “vergoñento” o feito de que o goberno galego faga un “blanqueo” da “deturpación máis desagradable do noso idioma”.

Con todo, a responsable socialista censurou a “despreocupación” e “falla de sensibilidade e pudor” do goberno galego con respecto a idioma cando é “o noso maior patrimonio cultural inmaterial”.

“Por que o goberno galego permitiu que ata o último momento o señor Jiménez Losantos, co patrocinio da Xunta de Galicia, anunciase o programa con esa palabra inexistente referíndose á vila de Sanxenxo”, preguntou Díaz, quen urxiu ao goberno galego a “cumprir e facer cumprir a lei” e “máis cando están empregando fondos que saen dos petos de todas as galegas e de todos os galegos”.

Neste sentido, a socialista destacou que “a Xunta consente este atentado intencionado” cando “deberan ser os maiores garantes do cumprimento da lei” de normalización lingüística, “aprobada por unanimidade por todo o arco parlamentario” e “que establece que os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega”.

“Resulta cando menos sorprendente que ninguén ou ningún órgano se encargue de controlar a utilización da nosa lingua na publicidade institucional ou na que é sufragada con cartos públicos”, sentenciou a socialista, quen lembrou tamén a polémica en torno ao “Foro La Toja” que contou tamén coa “inacción” do goberno galego.

“Nin a afinidade ideolóxica co director do programa nin coa vila, lugar de veraneo moi frecuentado por líderes populares, xustifican que fagan co noso idioma o que mellor lles convén”, sentenciou Díaz. “Déixense de ideoloxía, déixense de empregar a lingua como arma de confrontación, deixen de facerlle o xogo á extrema dereita e dean cumprimento á normativa vixente”, concluíu.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Apunta que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol “evidencian que a sanidade galega é…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10