Categorías: Actualidade

Noa Díaz cualifica de “despropósito” a Lei coa que o PP ponlle “alfombra vermella” a “calquera de Universidade privada que poida aparecer”

A portavoz de Universidade do Grupo Socialista, Noa Díaz, cualificou hoxe de “despropósito” a Lei de Universidade privada, que foi aprobada hoxe no Parlamento co voto en solitario do PP para darlle “carta branca” a calquera iniciativa privada que poida aparecer. Díaz acusou á Xunta de poñerlle a “alfombra vermella a unha universidade privada” que “contravén a norma básica que regula o Sistema Universitario Galego” e ampara a “competencia desleal” coa universidade pública.

A responsable socialista advertiu de que con esta norma, o goberno galego “incumpre con total impunidade a Lei do SUG no que se refire á duplicidade de títulos” cando obriga que o catálogo de titulacións “deberá ser complementario e non reiterativo”, tal e como sinala o propio Consello Económico e Social de Galicia no informe negativo sobre a norma aprobada hoxe.

Explicou que a Universidade Intercontinental de la Empresa ofrece o grao en Administración e Dirección de Empresas, que xa dispón o SUG nas tres universidades públicas e en cinco campus, os de Ourense, Vigo, Santiago, Lugo e A Coruña. A universidade privada tamén ofrece dous programas de doutoramento, un deles, o de Economía e Empresa, tamén é ofrecido polas tres universidades galegas.

Acusou ao goberno galego de limitar o acceso ás universidades públicas “á vez que xustifican unha nova universidade que incrementa o número de prazas ofertadas en estudos que xa existen, a un custe que multiplica exponencial o prezo da pública”. Considera “inadmisible” que a nova universidade empregue os recursos e espazos de Afundación, que “non é máis que a obra social das caixas de aforros galegas, patrimonio de tódolos galegos e galegas”.

Criticou o rexeitamento de 20 das 21 emendas presentadas polo Grupo Socialista, permitindo unha total “ausencia de vixilancia e control” da nova universidade, pasando “de puntillas” pola inspección, control e vixilancia do proceso, e impedindo por exemplo que as normas de funcionamento e organización sexan nin sequera postas en coñecemento do Parlamento. Lamenta a ausencia total de “vontade de control” do proxecto por parte do goberno galego.

Por este motivo, sinala, rexeitaron as emendas que permitían ao Parlamento revogar o recoñecemento da nova universidade “cando se acredite o incumprimento dos requisitos esixidos”, evitando marcar prazos para a garantía de actividade e mesmo eximindo á nova universidade de cumprir cos requisitos establecidos pola Lei do SUG en materia de contratación de persoal docente e investigador.

Resumiu que a Lei, rexeitada en bloque pola oposición, o CES, as propias universidades públicas e todo o colectivo sindical, ampara un proxecto “que se solapa coa oferta do sistema público, ao que pode poñer en risco e debilitalo”. Reclamou “priorizar ás tres universidades públicas, que teñen demostrado e acreditado sobradamente a súa excelencia de calidade docente e investigadora e a súa capacidade para satisfacer as demandas do alumnado e do tecido produtivo”.

Manipulación na votación

O viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, formulou unha protesta formal “en repulsa por como a Presidencia do Parlamento manipulou a votación da Lei”. Logo das votacións, pediu a palabra para denunciar que o Pleno fora paralizado durante uns minutos para garantir que entraran os deputados do Grupo do PP que faltaban para sacar adiante a votación.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Apunta que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol “evidencian que a sanidade galega é…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00