Categorías: Actualidade

Noa Díaz considera “inaceptable” e “bochornosa” a calidade da retransmisión da “TanxuFesta” por parte da TVG

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión da CRTVG no Parlamento, Noa Díaz, criticou a “inaceptable” e “bochornosa” falla de calidade da retransmisión da “TanxuFesta” posterior ao Festival de Benidorm por parte da TVG. Díaz presentou unha pregunta oral hoxe no Parlamento na que criticou a decisión de desprazar un equipo ao lugar para emitir en directo a través de teléfonos móbiles.

Díaz lembra que o programa, que se alongou ata a madrugada, contou cunha calidade precaria que “non cumpriu en ningún momento os mínimos estándares de calidade esixidos a uns medios públicos”, facendo por momento imposible distinguir a imaxe e o son da retransmisión. O ente optou por retransmitir pola canle habitual un programa emitido polas plataformas dixitais Youtube e Twitch, que admiten uns estándares de calidade notablemente inferiores.

Esta decisión, dixo, constata a súa “falla de respecto que parece ter a dirección da CRTVG polos nosos medios públicos, o menosprezo pola audiencia e o desprezo ao persoal traballador do ente e a súa profesionalidade”, que quedou seriamente danada coa dita emisión.

Lamentou que “diante dunha oportunidade única de sumarse á expectación que existía entre toda a sociedade galega e de facer país, non consideraran oportuno facer un programa en directo de calidade, cos recursos propios e cos profesionais da casa, que estamos seguros farían un programa á altura das circunstancias”.

Neste sentido, propúxolle á dirección do ente “facer este tipo de experimentos, por exemplo, co Foro La Toja, que si retransmitiron en directo”. Advertiu con sasrcasmo que “queren unha televisión e radio públicas low – cost”, para o que, engadiu, “non precisan da cantidade inxente de diñeiro” que supoñen os orzamentos da CRTVG e que “vanse en pagarlle o salario a Paquirrín 3 ou 4 veces ao ano, que é para o que parece querer gastar o diñeiro”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Silvia Longueira reclama un novo modelo de atención temperá ampliando o servizo de acordo co sector asociativo

Apunta ao reaxuste do modelo como “momento óptimo para atender ás demandas de tódalas asociacións que traballan pola plena inclusión”…

14/05/2024 14:19

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Apunta que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol “evidencian que a sanidade galega é…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53