Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Julio Torrado urxe á Xunta a cumprir o seu compromiso de implantar o HADO en todo o territorio galego e a tomar medidas para corrixir os seus “inaceptables niveis de precariedade”

Lamenta que o goberno galego se escude na pandemia para rebaixar e adiar ao 2023 a chegada do servizo a todos os municipios cando “se algo evidenciou a crise da covid foi a necesidade de acelerar o investimento en sanidade e nos seus profesionais”

O voceiro de Sanidade do Grupo Parlamentario Socialista, Julio Torrado, reclamoulle hoxe á Xunta que axilice o cumprimento do seu compromiso para implantar o servizo de Hospitalización da Domicilio (HADO) en todo o territorio galego de maneira que todos os municipios teñan cobertura os 365 días do ano. Esa foi, precisamente, a promesa realizada polo presidente da Xunta para o ano 2019 e logo para o 2021. Con todo, na actualidade, o servizo so chega a entre o 70 e 80 por cento de Galicia e deixa moitos municipios sen cobertura.

Tras suscitar unha pregunta sobre esta cuestión na Comisión de Sanidade do Parlamento, o goberno galego sinalou que traballa coa previsión de que en 2023 se ampliarán o número de servizos para intentar chegar a ese obxectivo. Ao fío disto, Julio Torrado alertou de que, non só se reduce o anuncio inicial, senón que se volve adiar en dous anos o cumprimento dunha promesa que xa leva un retraso de case catro anos.

“O PP”, sinalou o deputado socialista, “promete moi ben pero cumpre moi mal” e ironizou con que “se seguen prometendo van a quedar a deber co servizo de HADO”. Por iso, reclamoulle á Xunta que “pasen dos aplausos que buscan cos titulares ás realidades que se logran cos investimentos”.

Ao mesmo tempo, Julio Torrado tamén lle reprochou á Xunta que xustifique os retrasos apelando á dificultade xeográfica e á pandemia. No primeiro caso, o parlamentario do PSdeG lembrou que esa dificultade xeográfica xa existía cando realizaron o primeiro anuncio –“ a non ser que a descubriran agora”- e, no segundo, incidiu en que “se algo evidenciou a pandemia foi a necesidade de acelerar o investimento en sanidade e de mellorar as políticas de recursos humanos para os profesionais sanitarios”. “Non teñen claras as prioridades”, afirmou.

Neste contexto, recordou que Galicia está na metade inferior das comunidades españolas en gasto por habitante para sanidade. Así, alertou de que o que está a investir a Xunta no HADO “non serve para consolidar e darlles maior estabilidade aos profesionais deste servizo”, que o manteñen nuns “niveis de precariedade inaceptables”.

O deputado socialista afondou en que “a política de persoal non está a ser especialmente displicente” e que provoca que algúns servizos perdan a súa eficiencia porque non teñen profesionais suficientes. Así, pasan días, e incluso semanas, sen persoal.

Para máis, neste caso, a xestión dos recursos humanos está máis “enquistada” con situacións nas que se renova mes a mes a algúns dos seus profesionais, a pesar de que fan “un traballo excepcional”. Torrado advertiu da dificultade de traballar nesta situacións pola súa “precariedade e ineficiencia”. “Nin sequera é máis barato facelo así”, apuntou.

Ao mesmo tempo, tamén puxo de manifesto as queixas do propio persoal sanitario por manter o servizo en mínimos. Estas eivas derivan en déficits ou ausencia completa de médicos en algúns servizos, como o de Pontevedra-Salnés, “durante varios días ou incluso semanas”.

Tamén seguen a rexistrarse problemas noutras zonas. Por exemplo, no Barbanza non se cubrían todos os concellos ata que unha iniciativa do Concello de Rianxo, impulsada polo PSdeG, levou a que se implantará hai un mes.

De igual xeito, Julio Torrado remarcou que tamén houbo iniciativas nos concellos e no propio Parlamento, para solucionar as eivas na comarca da Mariña. “O PP votou a favor”, constatou o deputado socialista, “pero o servizo segue a estar moi lonxe de dar unha cobertura completa na zona”.

Unha situación semellante é a que se vive na zona do Salnés e Arousa, onde algúns municipios como Caldas ou O Grove comezaron a ter HADO, pero sen que o servizo se estenda a concelos máis pequenos.

Na súa intervención, Torrado salientou que o HADO é un bo servizo e un avance dos sistemas sanitarios de Galicia que empezou a funcionar en distintos puntos da nosa xeografía hai 20 anos. Nesta liña cualificouno de “dobremente positivo”: por unha banda axudando ao benestar das persoas e facilita a atención no contexto familiar e no fogar para o paciente e, por outra banda, libera ao hospital.

Porén, tamén chamou a atención sobre o seu “lento desenvolvemento”, con algúns avances pero tamén con déficits. Trátase unha situación que achacou a unha baixa dotación de recursos que, a maiores, “foi minguando de maneira notoria nos últimos anos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29