Categorías: ActualidadeActualidade do partidoNovasPortada

Nicolás G. Casares pídelle a Feijoo que se adique a xestionar “con transparencia e eficiencia” os fondos europeos en vez de “facer seguidismo da hostilidade sistemática de Casado” co goberno central

O eurodeputado galego e secretario de Relacións Institucionais do PSdeG afirma que a carta da presidenta da Comisión Europea a Pedro Sánchez felicitándoo pola xestión dos fondos é “unha emenda á totalidade das críticas do PP” sobre este asunto

O eurodeputado socialista e secretario de Relacións Institucionais coa Unión Europea, Nicolás González Casares, reclamoulle hoxe ao presidente da Xunta que “deixe de facer seguidismo da política de confrontación de Casado” e se adique a xestionar os fondos europeos que está a recibir “da maneira máis eficiente e transparente” para avanzar na recuperación social e económica de Galicia.

Así llo demandou hoxe tras coñecerse a carta de felicitación que a presidenta  da Comisión Europea, Ursula Von der Leyen, vén de remitirlle ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, para felicitalo pola xestión que está a facer dos fondos europeos.

Esa misiva, que “expresa de maneira clara e contundente a posición favorable de Europa con respecto a tramitación e destino deses cartos”, supón tamén, en palabras de González Casares, “una emenda á totalidade das críticas realizadas nos últimos días polo Partido Popular”.

Por contra, resaltou que as verbas da presidenta da Comisión Europa constitúen “un espaldarazo inequívoco ás políticas desenvolvidas e á capacidade de xestión do goberno socialista de Pedro Sánchez”. En definitiva, “un recoñecemento explícito e un motivo de orgullo por un xeito de facer as cousas con transparencia e solvencia e, o que é aínda máis importante, sempre centrados nas necesidades das persoas co obxectivo de que ninguén quede atrás”.

O eurodeputado galego considera, ademais, que esta situación é “motivo máis que suficiente para que non só Pablo Casado, senón tamén Feijoo, se avergoncen de intentar sementar dúbidas cara o goberno central polo mero afán de facer oposición de maneira torpe e sen o máis mínimo rigor”.

Neste contexto, Nicolás González Casares recomendoulle a Feijoo que deixe de acompañar a “sistemática hostilidade” do seu xefe de filas co goberno central e que demostre “un mínimo de seriedade á hora de facer política, como lle corresponde ao presidente dunha comunidade autónoma como Galicia”.

“Feijoo”, incidiu González Casares, “debe decidir se se sitúa a carón da defensa dos intereses xerais dos galegos e das galegas ou se prefire facerlle os coros a Casado na súa partitura desafinada de bulos, mentiras e medias verdades”.

Nesta liña lembroulle que “o que está en xogo é unha saída digna da crise para a cidadanía galega”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28