Categorías: ActualidadeActualidade do partidoNovasPortadaSecretaría Xeral

Valentín González Formoso compromete o apoio do PSdeG aos traballadores de Alu Ibérica e reclama a implicación da Xunta e o Ministerio de Industria para salvar a planta da Coruña

O líder dos socialistas galegos lembra que a goberno galego ten competencias plenas en materia de industria e considera que “como país non nos podemos permitir perder esta factoría”

Avoga pola consecución dun prezo da enerxía “sostible” e a busca dun inversor “serio e solvente” para garantir o futuro da fábrica

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, urxiu hoxe á Xunta de Galicia e ao Ministerio de Industria “poñan enriba da mesa solucións” para garantir a viabilidade da factoría de Alu Ibérica na Coruña e “unha resposta global aos traballadores e traballadoras da planta”.

Así o manifestou tras manter unha xuntanza co Comité de Empresa da fábrica, na que lamentou a situación de “incertezas absolutas e de falta de compromiso e de claridade que están a vivir os traballadores e traballadoras de Alu Ibérica dende hai varios anos”.

Tras comprometer o seu apoio ao persoal da fábrica, o secretario xeral dos socialistas galegos remarcou que “como país non nos podemos permitir perder esta factoría”, nun contexto mundial de esgotamento das materias primas e de restricións comerciais a nivel internacional”. En consecuencia, “agora máis que nunca evidénciase que precisamos ter capacidade produtiva no eido do aluminio e das materias primas”.

Con este obxectivo, Valentín González Formoso propuxo traballar de maneira complementaria en varias frontes. Por unha banda, no referido á consecución dun prezo da enerxía “que sexa sostible para a produción e que lle dea viabilidade á planta”. Por outra, avogou pola busca dun inversor que por fin sexa “solvente e serio”. Sobre todo, “despois de ter pasado por aí todo tipo de persoeiros e de sociedades que menos intentar reflotar Alu Ibérica pensaron noutro tipo de beneficios”.

Por iso, insistiu en que “tanto a Xunta, con competencias absolutas en materia de industria, e o Ministerio, que se incorporou a este expediente dende o principio e que puxo enriba da mesa posibles solucións, se impliquen para “darlles luz nun senso ou noutro aos traballadores”.

En calquera caso, reclamou “o compromiso de dicirlles á verdade e o compromiso de que a factoría se salve da mellor maneira posible pensando non só na plantilla senón no propio país”. Nesta liña, Valentín González Formoso sinalou que “chegou o punto, cada vez con menos tempo, de deixar de venderlles motos aos traballadores e traballadoras”.

Hai que deixar de agasarlles os oídos co que queren escoitar”, resaltou, porque a factoría atópase nunha situación “moi difícil e complexa para resolver” cunha empresa “que non se quere marchar da xestión da sociedade e que está agora mesmo xudicializada penalmente na Audiencia Nacional con denuncias cara Alcoa e os actuais xestores e nun concurso de acredores que loxicamente incorpora un elemento de dificultade á resolución deste expediente”.

Na reunión, ademais de Valentín González Formoso, participaron o secretario de Organización do PSdeG, José Manuel Lage Tuñas; o secretario de Emprego do PSdeG, Pedro Blanco Lobeiras; o presidente do comité de empresa de Alu Ibérica, Juan Carlos López Corbacho (de CC.OO); e Manuel Longo Otero, da UGT.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02