Categorías: Actualidade

Begoña Rodríguez Rumbo chama á Xunta a clarexar por que non executou 70 millóns de euros en axudas directas destinadas a pemes e autónomos

Cuestiona a “eficacia” na xestión dos fondos por parte do goberno galego e urxe á Xunta a abordar a cuestión nunha mesa de negociación cos axentes implicados

A viceportavoz do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, chamou hoxe á Xunta a clarexar por que non executou 70 millóns de euros en axudas destinadas a pemes e autónomos procedentes do fondo de 234 millóns de euros que o goberno do Estado achegou a Galicia para este fin, tal e como recoñeceu a conselleira de Emprego no último Pleno celebrado na Cámara galega.

“Todo fai prever que non se executaron por algunha ineficacia na xestión” por parte do goberno galego, denunciou a dirixente socialista quen incidiu na “importancia” deste paquete de axudas que fora previsto por parte do Executivo central para paliar a “parálise” da actividade durante a pandemia que “prexudicou” a moitos sectores e, especialmente, a comercio, turismo, hostalaría, ocio ou cultura.

Ao fío disto, a socialista censurou que no último dos plans de rescate aprobados, publicado no mes de outubro de 2021, do orzamento de 234 millóns de euros destinados a Galicia, “quedaban sen executar o 54% do total dos fondos xa transferidos á nosa comunidade autónoma”, o que ascendía a 134 millóns de euros.

“Queremos saber cales son as razóns polas que 70 millóns de euros poden estar en risco e non van chegar a pemes e autónomos que o necesitan”, sentenciou a socialista tras urxir ao goberno galego a poñerse en contacto co goberno do Estado para chegar a un acordo con respecto aos fondos non executados.

Por último, a socialista pediu ao goberno galego que aborde tamén a cuestión nunha mesa de negociación na que estean representadas persoas autónomas, sindicatos, profesionais e empresas afectadas pola covid para arbitrar “as medidas que sexan necesarias” para que se poida chegar ao 100% da execución destes fondos. “Non podemos permitir que se perdan”, subliñou Rodríguez Rumbo, xa que “estamos a falar de 70 millóns de euros”.

TANXUGUEIRAS: “AS GRANDES GAÑADORAS, A EFECTOS MORAIS”

Noutro orde de cousas, a responsable socialista reivindicou ao grupo Tanxugueiras logo da súa participación no Benidorm Fest, xa que “por primeira vez unhas mulleres galegas foron quen de poñer a todo o público en torno ao seu proxecto e bo facer”. “Foron as grandes gañadoras, sen dúbida, a efectos morais”, sentenciou.

Por último, Rodríguez Rumbo valorou positivamente que o grupo levase “a nosa lingua e as nosas raíces” por bandeira conseguindo “unir a todos os galegos e galegas” fronte ao televisor. “Teñen feito un traballo importante de apoio a nosa lingua”, incidiu a socialista quen subliñou que “as linguas minoritarias teñen que ter cabida dentro do Estado español”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18