Categorías: ActualidadeNovas

Martín Seco respalda as demandas da ANPA do colexio Canosa-Rus para que se atendan todas as solicitudes de praza no comedor escolar

Martín Seco mantivo hoxe un encontro con representantes da asociación de nais e pais para coñecer de primeira man os problemas de xestión neste servizo e tamén no transporte escolar

O parlamentario socialista Martín Seco mantivo esta mañá una reunión cos representantes da ANPA A Braña, do colexio Canosa-Rus, emprazado no municipio de Coristanco. As portas do centro educativo, Seco expresou o apoio do Grupo Socialista ás demandas realizadas pola asociación de nais e pais con respecto aos problemas que se están atopando para que se atendan todas as solicitudes de praza que se presentaron ao comedor escolar.

Martín Seco, –que estivo acompañado do voceiro socialista no Concello de Coristanco, José Manuel Pérez Abelenda- indicou que o PSdeG vai presentar una batería de iniciativas no Parlamento para que se dea resposta a este problema. Así, indicou que “non existe ningún motivo para deixar a ningún neno ou nena fóra deste servizo, polo que resulta incomprensible que a Xunta non esta atendendo todas as demandas”.

Martín Seco lembrou que o comedor deste centro educativo está xestionado pola propia Xunta, que ten cociña propia e que hai profesionais suficientes e, polo tanto, non se precisan novas contratacións. Ademais, incidiu en que ten capacidade para 250 comensais e que se presentaron 184 solicitudes. Con todo, a Xunta marca o límite de usuarios nun total de 166, que son as que están agora mesmo adxudicadas. “Deste xeito”, lamenta o deputado socialista, “deixaríase fóra a preto de vinte rapaces e rapazas”.

A situación é aínda máis grave tendo en conta que parte do profesorado e dos coidadores amosaron a súa disposición a renunciar a comer alí para que se puidesen atender todas as demandas. “Aínda así”, lamenta Seco, “habería parte do alumnado que quedaría excluído do servizo”.

ACTITUDE INADMISIBLE DA XUNTA

Neste escenario, Martín Seco considera “inadmisible que a Xunta poida deixar sen comedor escolar a algunha familia por una simple cuestión de aforrar un pouco no orzamento”. “A Xunta”, indica, “non pode dicir que defende o medio rural e que está a loitar contra o despoboamento cando nin sequera é capaz de garantir que as nenas e nenos dos municipios rurais teñen acceso a un servizo que resulta esencial para a conciliación de moitas familias”.

Nesta liña, tamén advertiu que o PSdeG estará vixiante para que non se poña en risco o transporte escolar para todo o alumnado que o solicite, tras a preocupación expresada por algúns pais e nais. “Aínda que esta cuestión está resolta para este curso, estaremos atentos para que non haxa ningunha marcha atrás nos vindeiros meses”, apuntou.

Pola súa banda, o voceiro socialista no municipio, José Manuel Pérez Abelenda, reclamou que tanto a Xunta de Galicia como o Concello de Coristanco se involucren para darlle unha solución estable a este problema, atendendo as reivindicacións dos pais e nais do alumnado do colexio. Anunciou que tamén trasladará unha moción ao pleno municipal de Coristanco para que ningún neno ou nena quede excluído do comedor.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24