Categorías: ActualidadeNovasPortada

Pablo Arangüena reclámalle á Xunta que asuma as súas obrigas legais e que explique que medidas lles vai esixir ás hidroeléctricas para impedir danos no medio natural polo baleirado dos encoros

Pablo Arangüena cualifica os expedientes sancionadores abertos polo goberno galego de “cortinas de fume para tapar a súa irresponsabilidade” e lembra que hai ata tres leis que lle obrigan “a actuar de oficio nestas circunstancias”

O vicevoceiro do PSdeG denuncia que as declaracións realizadas dende a Xunta sobre este tema demostran “un nivel de cinismo, falsidade, irresponsabilidade e escapismo impropio dun goberno democrático e que roza a prevaricación”

O vicevoceiro do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, reclamoulle hoxe á Xunta de Galicia que explique que medidas lles vai esixir ás empresas hidroeléctricas para impedir danos no medio natural polo baleirado dos encoros. Arangüena lembrou que hai ata tres leis (a de pesca continental, a de patrimonio natural e a de protección ambiental) que obrigan ao goberno galego a “actuar de oficio en canto detecta que hai un descenso do nivel dos encoros que pode poñer en risco o medio ambiente”.

Polo tanto, remarcou, “a Xunta é a administración competente para actuar e pode facelo a través de tres leis distintas”, ademais da competencia de inspección ambiental que lle outorga a lei de inspección ambiental de Galicia. A maiores, recordou que a Xunta ten centos de axentes medioambientais e “basta con que algún faga unha visita de vez en cando polos encoros para comprobar o seu nivel e se hai dano ou non”.

Neste contexto, Pablo Arangüena denunciou que xa “está habendo danos no embalse de Belesar e, en consecuencia, a Xunta ten que actuar, non limitarse a abrir expedientes sancionadores cosméticos”. “O goberno galego”, urxiu, “ten que dicirlle a Naturgy e Iberdrola cales son as medidas que teñen que adoptar para protexer o medio ambiente, antes incluso de sancionar”. Nesta liña, salientou, “cando a Xunta ten coñecemento de que se está causando un dano ao medio ambiente e non actúa no ámbito das súas competencias, está prevaricando por omisión”.

Pablo Arangüena afondou tamén en que “os expedientes sancionadores anunciados polo goberno galgo son cortinas de fume para tapar a irresponsabilidade da Xunta” e que, ademais, “poden tardar anos en resolverse”. De feito, o parlamentario do PSdeG criticou que “se non se adoptan outras medidas é porque a Xunta non quere meterse coas eléctricas a pesar de que é quen ten a responsabilidade de facelo porque ten a competencia de xestión medioambiental”.

CINISMO, FALSEDADE E IRRESPONSABILIDADE DA XUNTA

Por outra banda, Pablo Arangüena indicou que no tema dos encoros a análise das declaracións realizadas por Feijoo e pola conselleira de Medio Ambiente e a de Infraestruturas “é demoledor e demostra un nivel de cinismo, falsedade, irresponsabilidade e escapismo impropio dun goberno democrático que opera nun estado de dereito”. O deputado socialista reitera ademais que esta actitude “roza a prevaricación se non incorre directamente nela”, tal e como xa puxo de manifesto o Grupo Socialista nas iniciativas presentadas no Parlamento a semana pasada.

Nesas iniciativas, o Grupo Socialista pregunta, entre outras cuestións, por que a Xunta non actuou adoptando as medidas preventivas oportunas e legalmente establecidas cando lle comunicaron o baleirado dos encoros ou se a Xunta vai a adoptar as medidas que permite a lexislación medioambiental galega para protexer os ecosistemas fluviais no caso dos 4 embalses obxecto de sanción.

Ao mesmo tempo, o vicevoceiro do PSdeG puxo de relevo as constantes contradicións da Xunta de Galicia nos últimos meses. Así, lembrou que “primeiro dixeron que era gravísimo pero que a culpa era do goberno central, xa que eles non teñen competencias e non foran informados”. A continuación “van dándose conta de que si foron informados e de que teñen todas as competencias do mundo, pero seguen botándolle a culpa o goberno e seguen sen actuar e sen adoptar as medidas que a lei di que teñen que adoptar eles”.

Pablo Arangüena enmarcou esta actitude “nunha nova mostra da súa estratexia de culpar de todo o negativo que ocorre en Galicia ao goberno central desde que Pedro Sánchez é presidente”. Pero lembrou que a lei di xusto o contrario: “que a responsabilidade e a competencia para sancionar e adoptar medidas é da Xunta e ten que facelo sen esperar a que llo pida ninguén, ten que facelo de oficio”.

Nesta liña denunciou que “ata o de agora non fixo nada e levamos tres meses desde a primeira comunicación, que foi o 10 de Xullo”. “Sería de risa”, apunta Arangüena, “se non fose moi serio, porque o tema dos encoros é unha chapuza, unha ilegalidade e unha estafa a cidadanía e o que está facendo a Xunta coas sancións e un teatro chino de sombras para tapar a súa irresponsabilidade e a súa incompetencia”.

AS AGRESIÓNS AMBIENTAIS SAEN CADA VEZ MÁIS BARATAS EN GALICIA

Neste escenario, Pablo Arangüena tamén lamentou que o goberno de Galicia estea “no último lugar na protección do medio en España e coas sancións máis baixas”. Ao fío disto salientou que a lei de pesca aprobada este ano 2021 reduce a menos da metade as sancións que establecía a do ano 1992, e rebaixa o nivel de esixencia para as empresas hidroeléctricas.

Polo tanto, “vanlle impoñer a Iberdrola, como máximo e no mellor dos casos, dúas sancións de 25.000 euros cando tivo un beneficio en 2020 de 3.610 millóns de euros e vanlle impoñer a Naturgy no mellor dos casos dúas sancións de 25.000 euros cando tivo un beneficio de 383 millóns en 2020”.

Así, Pablo Arangüena lamentou que se relaxase o control sobre as hidroeléctricas, polo que “as agresións os ríos saen cada vez máis baratas en Galicia, como sucede con todas as políticas medioambientais en Galicia, que imos para atrás como os cangrexos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23

Silvia Longueira reclama un novo modelo de atención temperá ampliando o servizo de acordo co sector asociativo

Apunta ao reaxuste do modelo como “momento óptimo para atender ás demandas de tódalas asociacións que traballan pola plena inclusión”…

14/05/2024 14:19

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00