Categorías: ActualidadeNovas

Juan Carlos Francisco acusa a Feijoo de “botar balóns fóra” diante do peche masivo de entidades bancarias

O deputado socialista lamenta a “nula reacción” do goberno galego, máis alá de “financiar con 2,8 millóns de euros para manter caixeiros abertos a unha entidade que gañou 3.157 millóns en seis anos”

O portavoz de Economía do Grupo Socialista, Juan Carlos Francisco, acusou hoxe a Feijóo de “botar balóns fora” ao negarse a exercer as competencias propias da Xunta para frear o peche masivo de sucursais bancarias nos pequenos concellos de Galicia. No debate dunha pregunta oral en Comisión, denunciou a “nula reacción” do presidente da Xunta, que se limita a mirar par o Estado sen asumir as súas responsabilidades.

Criticou que logo de “encher a boca falando de cohesión territorial” estea a contemplar a exclusión financeira de centos de milleiros de galegos e galegas sen facer máis, continuou co símil futbolístico, que “dar a patada a seguir”. Concluíu que a Xunta “non vai facer absolutamente nada” máis alá de adxudicarlle a Abanca un concurso de 2,8 millóns de euros para manter caixeiros abertos logo de ter obtido un beneficio de 3.157 millóns en seis anos.

O responsable socialista sinalou que a Xunta “mete á entidade financeira” para controlar a sociedade que vai xestionar os fondos Next Generation EU que cheguen a Galicia, “pero non ten capacidade para presionar á mesma entidade para que manteña abertas as oficinas que está a pechar. Reclamoulle ao goberno galego que admita que “a Xunta está disposta a poñer diñeiro público cada vez que unha oficina peche no país”.

Juan Carlos Francisco debullou a gravidade dun problema que supón que ata o momento, segundo un informe do Banco de España, hai 250.000 galegos e galegas que non teñen acceso a efectivo a través dunha entidade financeira na súa localidade de residencia. Hoxe, máis de 45 concellos xa non teñen oficina bancaria, dos cales, sinalou, 28 corresponden só á provincia de Ourense, onde o 9 por cento da poboación carece de acceso a servizos financeiros básicos.

Nos últimos 12 anos, entre 2008 e 2020, As entidades financeiras teñen pechado 1.231 oficinas en Galicia, un proceso que este mesmo ano tense acelerado co peche anunciado das oficinas de Abanca en, enumerou, localidades como Carril, Vilaxoán, Vimianzo, Zas, A Baña, Baíñas, Muras, Forcarei, Fene, Cotobade, Cerdido, Mesón do Vento, Seixo –Marín-, Campelo, Campo Lameiro, Padrenda, ou Quintela de Leirado, entre outras.

Sinalou que “no PSdeG somos conscientes de que ten que haber unha modificación normativa” e apelou ás iniciativas socialistas que serán debatidas no próximo Pleno do Parlamento para emprazar ao Estado a empregar a súa capacidade lexislativa para obrigar ás entidades sa prestar servizos básicos. Sen embargo, engadiu que “a Xunta non pode desprazar a súa responsabilidade e capacidade política” para frear este proceso.

Lembrou que a entidade está a pechar as sucursais que tiñan aberto as caixas de aforros galegas, que comprou por apenas 1.000 millóns de euros logo de que o Estado investira 9.000 millóns para o seu rescate, e logo dun proceso de fusión e venda impulsado por Feijóo “nunca explicado” no Parlamento, que aínda ten unha Comisión de Investigación pendente de pechar o ditame definitivo, e cando ao ano seguinte xa tiña beneficios por enriba do custe da súa adquisición.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57