Categorías: Actualidade

Luis Álvarez urxirá a Feijóo no próximo Pleno medidas fiscais no ámbito autonómico para facer fronte á situación actual: “Imos ver se ten ou non ten corazón”

Pide a Feijóo que “axilice toda a renovación da estrutura da Xunta” e lamenta que Rueda vaia ser “un presidente tutelado”

O voceiro parlamentario do PSdeG, Luis Álvarez, preguntará a Feijóo na vindeira sesión de control ao presidente da Xunta polas medidas fiscais no ámbito autonómico que tomará a Xunta para facer fronte á situación actual. Díxoo, hoxe, trala Xunta de Portavoces celebrada no Parlamento para dar conta dos asuntos que se abordarán na próxima sesión plenaria.

“A ver se –Feijóo– ten corazón suficiente como para reducir o impacto da guerra sobre determinados sectores facendo uso da súa propia capacidade tributaria”, sentenciou o dirixente socialista.

Neste marco, Álvarez avanzou que o PSdeG tamén levará unha proposición non de lei para pedir á Xunta que destine o 50% do que recada polo imposto de hidrocarburos a subvencionar o gasóleo ás empresas galegas de transporte de pasaxeiros e mercadorías por estrada, xa que esta medida beneficiaría a 9.700 empresas. “Imos ver se ten ou non ten corazón”, reiterou o socialista.

Tamén no eido económico, o portavoz avanzou que o Grupo Socialista levará á Cámara galega unha proposición non de lei sobre as actuacións que debe levar a cabo o goberno galego para adecuar o Plan Estratéxico de Galicia 2022-2030 “ao novo escenario macro e microeconómico”.

“Este foi un plan elaborado nun escenario distinto e nada do que se deseñou ten vixencia neste momento”, polo que, subliñou, “é necesario acordar cos axentes sociais as novas bases dunha política económica e apostar por unha política industrial que faga fronte aos retos de futuro”.

Ao fío disto, as e os socialistas levarán tamén a Pleno unha moción sobre a política da Xunta para “mitigar” a incidencia dos gastos de vivenda como consecuencia da guerra en Ucraína naqueles fogares con menos recursos económicos. Ante isto, pedirán ao Executivo galego un “plan especial de axudas” para “incrementar a emerxencia social” e atender os gastos das vivendas con carencias materiais severas, así como axudar cos gastos de aluguer ás familias con menos recursos.

A COBERTURA DAS BAIXAS DE PERSOAL DOCENTE E O “DISCURSO FATALISTA” DA XUNTA SOBRE A SÚA XESTIÓN DO SERGAS

No ámbito educativo, o PSdeG realizará unha interpelación ao conselleiro sobre a cobertura das baixas do persoal docente, xa que “é un tema que preocupa de forma directa a centros educativos e nais e pais” cando isto “na práctica supón que o alumnado estea sen profesor durante dúas semanas”.

No eido sanitario, as e os socialistas abordarán como pregunta urxente o “discurso fatalista” da Xunta sobre a súa propia capacidade na mellora do sistema sanitario público galego, despois da “situación recoñecida” esta fin de semana polo xerente do Sergas. Por último, no eido cultural, Álvarez sinalou que os socialistas levarán unha pregunta oral sobre a avaliación da campaña do bono cultural lanzada en 2021 que “tivo bastantes máis escuros que claros”.

A TRAXECTORIA “ERRÁTICA” DA LEI DO CICLO DA AUGA

En canto ao proxecto de lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga cuxa toma en consideración se debaterá na sesión plenaria, o dirixente socialista avanzou que o PSdeG defenderá unha emenda de devolución, dada a traxectoria “errática” da norma dende o inicio da súa tramitación e tendo en conta que “tivo unha alta contestación non só política, senón tamén legal e argumentativa”.

FEIJÓO “MARCOU O CAMIÑO A RUEDA”

Preguntado polo relevo á fronte da presidencia do Executivo galego, Álvarez urxiu a Feijóo que “axilice toda a renovación da estrutura do goberno da Xunta” que “en ningún caso debería esgotar os prazos máximos que prevé a lei”.

Neste marco, sinalou que foi o propio Feijóo quen “marcou o camiño a Rueda”, polo que “queda fóra de toda dúbida” que “vai ser un presidente tutelado”.

“O PP presentouse ás eleccións de 2020 non coa insignia do PP, senón coa do señor Feijóo, e imos enfrontarnos a unha situación de renovación lexítima e legal dun presidente, pero que non é o que votaron os galegos”, xa que “nas autonómicas votaron a Feijóo, non ao PP, ou a lo menos é o que se deduce de forma trivial na campaña que levou a cabo o PP”, en cuxos carteis o logo do partido aparecía “nunha esquiniña de forma testemuñal”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Esixe que “máis aló de cambios de nomes e postos”, urxe un “cambio de fondo que pasa por unha aposta…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00