Categorías: Actualidade

Luis Álvarez esíxelle a Rueda que “deixe de facer de comentarista” e asuma as competencias propias para axudar á xente con dificultades para chegar a fin de mes

O portavoz do Grupo Socialista lamenta que o goberno galego se limite a facer “declaracións de intencións” cando as familias galegas reciben 3.000 euros menos ao ano que no resto do Estado

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, criticou hoxe a falla de resposta da Xunta diante da suba de prezos, superior en Galicia que no resto do Estado, e cunha previsión de crecemento previsto inferior ao resto do Estado. Álvarez centrou a sesión de control ao presidente na falla de resposta do goberno galego mentres as familias galegas ingresan 3.000 euros menos ao ano que a media estatal.

Alertou que segundo a Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal “seguimos desacoplados” cunha previsión de crecemento do 1,9, por debaixo do 2,7 da media estatal, cun goberno galego que “cada xoves converte os Consellos da Xunta en meras declaracións de intencións”. Alertou do desleixo do goberno galego fronte ao incremento da desigualdade, con 700.000 galegos en risco de exclusión e 170.000 con privatización material severa.

Álvarez criticou que o presidente da Xunta presuma da subasta de débeda pública logo de ter “máis que triplicado a débeda pública de Galicia” e cando “as familias galegas cada vez teñen mais dificultades para comer, para pagar o alugueiro e para asumir os gastos básicos”. Criticou que “cada 15 días vimos escoitar declaracións de intencións sen resultado efectivo”, xa que “ten tódalas competencias e o maior orzamento da historia, pero o único que ven é facer anuncios”.

Sinalou que “vostedes teñen moi identificada á xente de ben, pero non teñen tan claro cal é o ben da xente”, logo de criticar que o PP rexeitara o incremento das pensións a pesares de que en Galicia os pensionistas reciban 200 euros menos de media que no resto do Estado. A continuación criticou que o Executivo “non é quen” de tomar medidas para apoiar aos sectores produtivos, máis alá dun “rosario de medidas inconexas e ineficientes”.

O responsable socialista presentou unha proposta alternativa que sitúa ás persoas “no centro das nosas políticas”, partindo do reforzo dos programas de I+D+i e un programa de emprego galego para incentivar a contratación, e axilizar a tramitación dos proxectos de renovables. Sinalou que o presidente da Xunta segue o camiño marcado polas propostas socialistas na creación dunha axencia pública da enerxía, pero alertou do seu desenvolvemento nas mans do goberno galego.

Reivindicou un plan eficaz na loita contra o despoboamento e incentivar o crecemento demográfico logo de que a Lei do goberno galego se demostrara “ineficaz”, e reivindicou as propostas en educación, sanidade e política social dos socialistas galegos fronte a un goberno que “carece dunha política dirixida ás persoas”. Esixiulle ao presidente da Xunta que asuma as propostas do PSdeG  que van máis alá de “plantexamentos ideolóxicos” e “evitan buscar bos e malos”.

Álvarez aludiu finalmente á sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia afeando a actuación da Comisión Galega da Competencia, que evitou investigar o suposto reparto do mercado do transporte de viaxeiros por estrada entre dúas empresas. Lembrou que a dita Comisión está integrada por “amigos afíns colocados” polo PP, en alusión a que tanto o presidente do ente como unha dos dous vogais son coñecidos ex deputados do PP .

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21

Besteiro ve “con moita alarma” o descontrol que o Consello de Contas está detectando na contabilidade do Sergas

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o potencial da industria galega durante a súa visita a TMC Cancela, unha empresa…

07/05/2024 16:05

Besteiro empregará a sesión de control para comprobar o compromiso de Rueda coa rexeneración democrática “ou se opta pola confrontación, a mentira e a crispación”

Elena Espinosa critica a “devaluación as políticas de igualdade” ao dividilas en dúas direccións xerais e acusa ao PP de…

07/05/2024 14:33

Carmen Dacosta censura que a única prevención de incendios da Xunta sexa “facer a danza da chuvia e encomendarse a manitú”

Alerta da falla de tarefas de prevención nos montes, que “se cargan de biomasa sen que a Xunta faga nada…

07/05/2024 14:31

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta axudas específicas á viticultura tradicional da Ribeira Sacra

Lara Méndez reivindicou durante unha visita a unha adega da denominación de orixe “unha maior implicación” por parte do Goberno…

06/05/2024 16:20