Categorías: Secretaría Xeral

Formoso saúda que a Xunta asuma por fin a participación pública nos parques eólicos como pedía o PSdeG, pero esixe estendela tamén aos proxectos de almacenamento e hidróxeno verde

O líder do PSdeG recrimina ao PP que “se agoche” na moción de censura de Vox e pregúntalle a Rueda si le comunicará a Von der Leyen que o seu partido decidiu ir da man da ultradereita

22 de marzo de 2023. O secretario xeral  do PSdeG, Valentín González Formoso, deu este mércores “a benvida” ao xiro na política enerxética da Xunta para sumarse ao que viñan demandando os socialistas “dende hai meses”, que é crear unha sociedade pública para participar nos proxectos enerxéticos. Esixe, ademais, que esa participación non se limite aos parques eólicos, e se estenda aos sistemas de almacenamento e aos proxectos de biomasa e de hidróxeno verde.

O número un dos socialistas galegos saudou o anuncio realizado polo goberno galego de que a Xunta participará nos proxectos eólicos que se instalen en Galicia. A enerxía é para o seu partido “un facto definitorio da economía global, que fai que moitas familias poidan chegar ou non a fin de mes”, polo que considera imprescindible esa implicación da administración.

Recordou que o PSdeG xa o propuxo a través do “histórico” Pacto Eólico que firmaron xunto con diversas organizacións sindicais do sector e do mundo rural, así como directamente a Rueda en San Caetano e no Parlamento, encontrando só o rexeitamento do PP.

De igual xeito, Formoso resaltou as súas dúbidas  sobre o éxito desta participación e denuncia falla de previsión despois de que a Xunta xa autorizase 70 novos parques co que  ten unha “posición negociadora feble” coas empresa eléctricas para poder incorporarse nos proxectos.

BENEFICIOS PARA O RURAL

O tamén alcalde das Pontes puxo enriba da mesa a cuestión da finalidade dos beneficios. Para a súa formación, estes deben centrarse no ámbito rural, en especial ás comunidades afectadas polas instalacións. Considera que o investimento debe centrarse en tres campos vitais para a fixación da poboación no rural e moi minguados pola xestión da Xunta: educación, sanidade e transporte.

Tamén reclama que non sexa só no ámbito eólico onde participe a administración galega. Entendendo o campo das renovables e a transición enerxética como algo transversal, esixiu que se incorporen con participación pública nos proxectos en marcha para a xeración de hidróxeno verde e de sistemas de almacenamento previstos no territorio e estreitamente ligados ás instalacións eólicas.

RUEDA, VOX E VON DER LEYEN

Ao fío do debate de moción de censura debatida no Congreso dos Deputados por iniciativa de VOX, o líder socialista tamén aportou a súa “reflexión”. Considera que “cando hai un momento crítico no país, o Partido Popular sempre agocha a cabeza”.

Así o fai Núñez Feijóo, “escondido” na embaixada de Suecia para non ter que condenar a iniciativa da ultradereita, do mesmo xeito que Rajoy “se agochou nun restaurante toda a xornada” no debate da moción de censura que ameazaba o seu goberno.

Formoso recriminou aos populares que traten de enganar aos votantes, xa que “cando o país precisa que se de a cara e se esclareza un posicionamento que pode ser definitorio sobre o voto dos cidadáns, deciden agocharse”.

Estendeu as críticas ao presidente da Xunta e do PP galego, Alfonso Rueda, que vai a reunirse o vindeiro luns coa presidente da Comisión Europea, Úrsula Von der Leyen, quen pertence á súa familia política a nivel europeo, pero amosou o rexeitamento aos postulados da extrema dereita en múltiples ocasións.

Por iso, Formoso pregúntalle a Rueda “que lle vai a dicir o luns a Von de Leyen?, que a súa proposta é un goberno con Espinosa de los Monteros como ministro de Asuntos Exteriores?”, que queren volver a vivir na Galicia en branco e negro, de cincuenta anos atrás?”.

Unha posición delicada para o xefe de goberno da Xunta, ao que o socialista recrimina a mesma falla de contundencia que ao seu antecesor, Núñez Feijóo. O que lle leva a pensar que simplemente “non voan en contra, como farían un partido racional de dereitas europeo”, porque están preparando o terreo para pactar con eles.

AXUDAS AO SECTOR DA PESCA

O secretario xeral do PSdeG tamén exerce o cargo de presidente da Deputación da Coruña, dende onde impulsaron esta mesma semana 700.000 euros de axuda para o sector pesqueiro ante o paro biolóxico na captura do xurelo, evitando así posibles despidos masivos.

Esta axuda súmase a outras que fan sen competencias dende esta administración, un total de 22 millóns de euros no 2022 foron destinados a paliar a inflación no ámbito agrogandeiro, pesqueiro e do transporte. Formoso resaltou que dende a Xunta non houbo un só euro para estes sectores ao pesar de ser o seu ámbito competencial.

Esixiu que de forma inmediata habiliten liñas de axudas para a supervivencia de “sectores estratéxicos tradicionais en Galicia e que sosteñen comarcas enteiras e formas de vida benqueridas no país”, e que lle “xera unha gran indignación e rabia ver como o presidente da Xunta vive dándolle as costas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04