Categorías: Actualidade

Formoso destaca a aposta do IES de Valga pola FP dual e reclama á Xunta a creación do bacharelato de artes para canalizar o talento musical que hai no municipio

O líder do PSdeG avanza que levarán ao Parlamento a demanda histórica para contar coa nova especialidade artística debido á alta demanda que existe

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, destacou a aposta do IES de Valga polo desenvolvemento da FP Dual, que permite a mellor inserción laboral da mocidade acorde coa actividade das empresas galegas.

O número un do PSdeG, acudiu á vila pontevedresa de Valga para escoitar as demandas dos profesores do instituto local. Este é “un paradigma do que vimos reclamando dende hai tempo”, asegurou, o que é que o goberno galego “implemente de forma urxente e decidida un modelo de FP dual máis práctico”.

Isto permitiría “a inserción laboral da nosa xente moza nas empresas galegas con boa formación e máis nivel dos profesionais”. Nesta liña destacou a “aposta do goberno de España” pola primeira lei de Formación Profesional cun investimento de 2.500 millóns de euros.

Unha reforma “revolucionaria” para “avanzar na implementación dun modelo que leva moitos anos funcionando en outros países europeos”.Para Formoso, institutos como o de Valga, son un exemplo do futuro a conquistar pola súa aposta por esta formación, con dúas modalidades que queren incluso ampliar a cinco.

Tras reunirse cos representantes da comunidade educativa, anunciou tamén que levarán ao Parlamento unha reclamación que ten máis dunha década, de que se implemente un bacharelato artístico musical na vila. Buscarán así que se de “recoñecemento ao gran talento musical da súa veciñanza”.

A poboación de Valga está caracterizada por un gran interese e divulgación no ámbito musical, pero os adolescentes que queren formarse neste ámbito teñen que desprazarse un gran número de quilómetros para acudir a clase, contando  con grandes deficiencias engadidas no transporte público.

O secretario xeral do PSdeG acudiu á localidade acompañado da candidata á alcaldía de Valga polo seu partido, María Ferreirós, a voceira da executiva nacional dos socialistas galegos, a pontevedresa María Pierres, e o secretario de Igualdade LGTBI do PSdeG, Javier Carballo de Jesús.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08