Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba a nosa proposta para reclamarlle á Xunta que faga pública a execución e as vivendas construídas baixo o Pacto Social pola Vivenda

Eduardo Ojea alerta de que o rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia leva “5 anos colapsado” nunha Comunidade Autónoma que precisa un plan de choque para facer 20.000 vivendas de protección oficial

O Pleno do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei presentada polo Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que faga públicos os datos de execución orzamentaria do Pacto de Vivenda de Galicia 2021 – 2025. O portavoz de Vivenda do Grupo Socialista, Eduardo Ojea, presentou esta iniciativa para reclamarlle ao goberno galego que presente as vivendas construídas realmente dentro deste Pacto.

O responsable socialista alerta de que a Xunta se ten preocupado de quitar do Pacto “aspectos e valores concretos”, impedindo avaliar o cumprimento dos seus obxectivos. Ademais, a día de hoxe non hai seguimento do cumprimento dos orzamentos, o que “impide facer unha análise correcta das actuacións concretas e logros acadados en cada un dos programas e accións” do Pacto.

Deste xeito é imposible, dixo, saber ata que punto se cumpriu o obxectivo do goberno galego, que pretendía construír 2.293 vivendas no ano 2022, cando segundo os datos do goberno central, a Xunta tan só rematou 468 vivendas de protección no que vai de Lexislatura.

Ojea sinalou que estas cifras quedan moi lonxe das 20.000 vivendas de protección oficial que o mercado da vivenda de Galicia necesita de maneira urxente, segundo a federación de empresas inmobiliarias. Alertou de que o rexistro único de Demandantes de Vivenda leva máis de 5 anos colapsado pola falla de oferta para as máis de 15.000 persoas en lista de espera.

Advertiu de que os prezos tanto da vivenda en propiedade como en alugueiro continúan á alza, cando os galegos e as galegas teñen que destinar o 30 por cento dos seus ingresos á vivenda e o 9 por cento dos inquilinos non poden asumir o pago da súa renda.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a presentar, antes de que remate o ano 2023, un informe no que se detallen:

  1. As cantidades executadas, tanto no ano 2021 como no 2022, en cada unha das liñas estratéxicas do Pacto Social pola Vivenda de Galicia 2021-2025.

  1. As actuacións concretas e logros acadados en cada un dos programas e accións nos que se desenvolven as liñas estratéxicas que conforman dito pacto”.
Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18