Categorías: Actualidade

Luis Álvarez denuncia a “folla de ruta para dinamitar o inicio de curso” escolar por parte da Xunta

Luis Álvarez esíxelle ao conselleiro de Educación que “deixe de sementar dúbidas, asuma as súas responsabilidades e dote a Galicia do sistema educativo que merece”

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, cargou hoxe contra o conselleiro de Educación por despregar unha “folla de ruta para dinamitar o inicio de curso” escolar anunciando un “inicio de curso caótico” despois de negarse a actualizar o currículo de educación básica e bacharelato. Lamentou que “nunca na historia da nosa democracia” o goberno galego demostrou “tanto empeño en desviar a atención dos problemas reais do sistema educativo”.

Álvarez negou a máxima do goberno galego, responsabilizando ao Estado da ausencia do currículo que teñen a “vontade palmaria de obstruír”. Sinalou que “chama a atención que Asturias, Cataluña, Aragón, Castela A Mancha, Valencia, Estremadura ou Navarra xa teñan publicados os currículos” coa única diferencia, explicou, de que “non empregan a educación como elemento de confrontación co goberno central”, como si fan as autonomías gobernadas polo PP, como Galicia.

Esixiulle ao conselleiro de Educación que “adopte a posición correcta á fronte da Consellería, deixe de sementar dúbidas na comunidade educativa e deixe de empregar ao goberno do Estado como elemento de confrontación”. Reclamoulle que “asuma as súas responsabilidades e dote a esta Comunidade Autónoma do sistema educativo que merece” e renuncie á campaña de fomentar unha sensación de “caos” que “non existe pola profesionalidade” dos docentes.

Admitiu o seu asombro polas “lamentables declaracións” do conselleiro, xa que “nunca se vira un responsable de educación do goberno anunciando un inicio de curso caótico, que precisamente ten como único responsable ao conselleiro de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia”.

Luis Álvarez advertiu que “en Galicia temos a peor política educativa no peor momento” e reclamoulle aos responsables da Consellería que “deixen de sementar incertidume, non sementen problemas e gobernen para a xente”. Augurou que o curso “vai funcionar pola profesionalidade dos e das docentes, e non polas políticas da Consellería dos últimos meses e semanas”, e que eles serán os que lle dean ao alumnado “a calidade educativa que merece”.

Lei educativa

Acusou ao PP de “xerar un debate absurdo” apuntando á nova Lei educativa, que é “froito dun acordo parlamentario unánime agás do PP, o único que aprobou no seu momento a Lomce”. Puxo como exemplo do “dislate” da xestión do goberno galego a convocatoria obrigatoria vía SMS ás xornadas benvida aos novos profesores organizadas para a semana pasada, e que “tiveron que rectificar horas despois”.

O mesmo goberno, dixo, que mantén o programa “eufemísticamente chamado de gratuidade solidaria” de libros de texto, en realidade “máis caro que o sistema de gratuidade universal” inaugurado polo goberno do socialista Pérez Touriño e que o secretario xeral do PSdeG se comprometeu a recuperar dende o goberno da Xutna.

Finalmente, criticou que o goberno galego empregue “cifras sesgadas” para presumir dun dos supostos mellores rateos de alumnos por profesor de todo o estado, “ignorando que obedecen ao despoboamento do medio rural”, onde hai moitos menos alumnos. Explicou así que “as cidades distan moito desa ratio de 9 alumnos por profesor”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28