Categorías: Actualidade

O PSdeG denuncia a ausencia de medidas da Xunta contra a crise de prezos e enerxía “máis grave dende os 80”

Lage Tuñas anunciou que presentarán unha batería de iniciativas no inicio do curso político centradas no ámbito económico e social contra a inflación

Reclamou que “Rueda ten que mover ficha” para acabar coa “situación precaria” da sanidade e educación e Galicia tras “13 anos de goberno do PP”

O secretario de organización do PSdeG, Lage Tuñas, reclamou que a Xunta tome medidas contra a inflación e a crise enerxética, xa que “dispón de 11.000 millóns” de euros e non anunciou ningunha medida para paliar esta situación. Pola súa parte, anunciou que o PSdeG presentará unha batería de propostas “con rigor económico” atendendo á situación económica e social do país.

Lage Tuñas compareceu ao finalizar a reunión interparlamentaria do PSdeG, que reuniu a todos os parlamentarios e parlamentarias das distintas cámaras de representación a nivel galego, estatal e europeo, así como a dirección do partido. Esta xuntanza realízase no contexto do inicio do curso político, de cara a perfilar a liña a seguir polos socialistas nos vindeiros meses.

O número dous dos socialistas aproveitou a ocasión para centrarse na crise de prezos e enerxética sufrida en todo o mundo, con especial interese en como afecta á comunidade galega. Por elo, reclamou que a Xunta de Alfonso Rueda asuma medidas de forma urxente e deixe de criticar as tomadas polo resto de administracións.

Para Lage, o goberno galego está “ausente”, amosando que Rueda é unha prolongación dun “proxecto esgotado” que “fuxe das preocupacións dos galegos e as galegas”. Na mesma liña, indicou que a cidadanía galega precisa “outro tipo de goberno” que actúe os problemas que lles afectan.

Acusou a Rueda de “practicar o escapismo” e falar só do goberno de España e dos concellos. Igualmente resaltou a “ausencia absoluta de medidas” para paliar esta crise, mentres cuestiona constantemente as realizadas polo goberno de Pedro Sánchez, as cales entran no ámbito do aluguer, os combustibles, a enerxía ou o transporte público, para axudar á cidadanía.

Tamén reclamou que Alfonso Rueda “non se apropie” das medidas do goberno central, xa que do desconto do 50% no transporte interurbano de autobús anunciado pola Xunta, a administración galega soamente pagará un 20%, o resto será asumido polo goberno de Pedro Sánchez.

Lage sinalou que o goberno de Rueda “non actúa no que ten competencias, nin colaboran no que non as teñen”. Puxo como exemplo as dificultades que está a poñer a Xunta para a implantación de renovables en Galicia, mentres que o goberno de Pedro Sánchez está “apostando” por elas.

Remarcou que o goberno galego dispón de 11.000 millóns de euros para actuar e non toma medidas contra a crise de prezos, senón que se dedica a “recortar en sanidade e en educación”, decisións opostas ás que precisa Galicia para os socialistas.

Ante un comentario da número dous do PP galego, Paula Prado pola rebaixa do IVE do gas do goberno central, Lage pediu que enumere unha soa medida do PP contra a inflación e amosou que no PP “están moi acostumados a facer de tertulianos” das políticas dos demais.

SANIDADE E EDUCACIÓN

Lage Tuñas recordou que dende que chegou o Partido Popular á Xunta hai case 1000 profesionais menos, explicando así as deficiencias que encontran os usuarios cando chegan aos centros de saúde con algún tipo de doenza e teñen que esperar un “mínimo 12 días para ser atendidos”.

Ante os cambios na dirección do Sergas, Lage sinalou que “non serven os parches” que fixo o presidente Rueda, xa que mantivo ao conselleiro da sanidade e á maior parte do seu equipo, polo que aos socialistas non lle agrada que non se vexa un cambio nas políticas sanitarias da Xunta. Reclamou que “Rueda ten que mover ficha” e cambiar ás equipas de educación e sanidade da Xunta que levaron a estes campos a unha “situación precaria”.

Sinalou que o goberno galego “négase a recoñecer unha realidade” que denuncian ANPAs, profesores e alumnado, xa que están a denunciar recortes do persoal docente en distintas partes do territorio galego, entre os que Lage mencionou Noia, Tui, A Guarda ou Redondela. En total enumerou “138 centros pechados dende que o PP goberna Galicia”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41