Categorías: Actualidade

Luis Álvarez reclámalle ao presidente da Xunta que corrixa ao conselleiro de Educación por dinamitar o inicio de curso para provocar o “caos”

O portavoz do Grupo Socialista centrará a sesión de control ao presidente no inicio do curso escolar

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, centrará a sesión de control do primeiro Pleno do período de sesións no inicio de curso escolar, protagonizado pola intención da Consellería de Educación de dinamitar a posta en marcha retrasando a aprobación dos currículos de educación básica e bacharelato. Álvarez reclamoulle a Alfonso Rueda que corrixa “cando menos de forma implícita” ao conselleiro.

O responsable socialista explicou logo da Xunta de Portavoces do Parlamento que o próximo Pleno lle pedirá unha valoración do inicio de curso ao presidente da Xunta, sinaladamente para “saber se respalda as declaracións do seu propio conselleiro ou ben o corrixe”. Apelou á intervención de Román Rodríguez anunciando un inicio de curso “caótico” cando el mesmo é o máximo responsable do normal funcionamento da educación en Galicia.

Esta pregunta ao presidente chegará despois da comparecencia solicitada polo propio conselleiro de Educación para dar conta do inicio de curso, como é habitual. Álvarez augurou unha comparecencia “singular”, na que “resultará curioso ver como fala dun inicio de curso normal logo de anunciar un comezo caótico”, e concluíu en ton irónico que “será que para o PP e para o conselleiro de Educación o caos é o normal”.

Os socialistas galegos levarán ao Pleno do Parlamento ademais unha proposición non de Lei para esixirlle á Xunta o “cambio radical” da política forestal e de prevención de incendios logo da vaga de lumes deste verán. Explicou que a “lealdade e responsabilidade” dos socialistas galegos non é obstáculo para que unha vez rematada a crise “esixamos mudanzas” na xestión da Xunta.

Explicou que “a diferenza do PP, non atacamos ao goberno, non pedimos que rodaran cabezas nin sacamos a mangueiriña para apagar lumes”, en alusión á resposta do PP na vaga de lumes de 2005, nos que Feijóo, daquela na oposición, fixera unha coñecida foto apagando un lume cunha mangueira de xardín.

Os socialistas propoñen a posta en marcha de medidas para permitir a recuperación demográfica do rural galego, para que “volva ter poboación que garanta o mantemento dos montes”, ademais do “cambio radical da política de prevención e extinción de incendios”. Explicou que “se hai unha fase previa de sistemática limpeza forestal, os coñecidos como incendios de sexta xeración non terán tanta intensidade”.

O Grupo Socialista levará ademais ao Pleno da próxima semana unha pregunta urxente sobre a situación da CRTVG logo dos “auténticos escándalos de manipulación informativa”, cando referiron unha entrevista á ministra de Dereitos Sociais unicamente cunha pregunta dun blog de ultradereita. Súmase a este feito a valoración dos 100 días do presidente da Xunta coa secretaria xeral do PPdeG “sen careta nin contención” xa co logo do PP no micro.

O Pleno incluirá unha proposición non de Lei do PSdeG para reclamarlle á Xunta que actúe da man do goberno central fronte á decisión da Comisión Europea de prohibir a pesca de fondo. Ademais, presentarán unha interpelación para reclamarlle á Xunta que atenda á petición unánime da Fegamp, incluídos os alcaldes do mesmo PP, para garantir a autonomía e suficiencia financeira dos concellos, parando co reparto arbitrario e “con motivos partidistas” de fondos autonómicos.

Tamén reclamarán un plan extreaordinario de contratación do persoal sanitario, e presentarán dúas preguntas orais pola deslocalización da atención telefónica de Fenosa en A Coruña e pola perda de subvencións para a instalación de renovables no rural, que está a rexeitar Patrimonio “porque a Xunta non modificou a normativa de licenzas” como si fixeron outras comunidades autónomas.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41