Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Formoso propón ante a patronal galega rebaixar á metade as peaxes das autoestradas autonómicas

O secretario xeral do PSdeG mantivo unha reunión co presidente da CEG, ao que lle trasladou as propostas socialistas ante a crise económica

Denunciou que Rueda só se limita a seguir o “camiño de confrontación” iniciado por Feijóo contra o goberno central

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, propuxo a rebaixa do 50% das peaxes das autoestradas de titularidade autonómica. Esta proposta dirixida ao goberno da Xunta é de carácter inmediato e forma parte dun plan urxente de medidas económicas e sociais para o ámbito galego dos socialistas que buscan facer fronte á dura perspectiva económica.

O número un dos socialistas galegos reuniuse co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites, nunha rolda de contactos cos diferentes axentes sociais para explicar as medidas do PSdeG ante a difícil situación económica a nivel global, que tamén afecta directamente a Galicia.

Formoso trasladou que este paquete de propostas do PSdeG serve para facer fronte á situación económica que “atinxe a todos os eidos de competencia da Xunta”. A medida máis destacable é a de incorporar nos orzamentos do 2023 unha partida para baixar un 50% os peaxes aos usuarios galegos das autoestradas autonómicas, buscando beneficiar ao “tecido produtivo do país” e ás familias a aliviar a situación de incremento de prezos.

No mesmo plan de medidas dos socialistas pódese resaltar tamén unha rebaixa de taxas portuarias nun 75% buscando diminuír os custos de produción do sector pesqueiro e dos empresarios galegos que exportan e importan a través do portos.

Outras propostas son unha elevación do tramo exento de IRPF en Galicia, habilitar liñas de axuda á compra de combustible para as familias ou axudas para autónomos e profesionais para compensar a suba dos hidrocarburos. Formoso cre que estas medidas serán ben recibidas pola cidadanía, así como deberían recibilas ben o resto de formacións políticas, ás que emprazou a reunirse para traballar de cara a preparar a situación económica futura.

Por outra banda, Formoso emprazou ao goberno galego a “ter altura de miras” e “asumir a situación crítica” que se está a vivir polas familias e os entes produtivos galegos. Sinalou que “non valen as fórmulas políticas de sempre para unha situación excepcional” que non ten precedentes dende hai moito tempo polas características propias en orixe da crise económica que está por vir.

Amosou un descontento ante o emprego das institucións públicas “que uns gobernan” para enfrontarse coas que gobernan partido políticos opostos. Polo que remarcou a falta de diálogo da Xunta, tanto cos líderes da oposición, como co goberno central, contra o cal indica que Rueda segue o “camiño de confrontación” iniciado por Feijóo cando gobernaba Galicia.

Na mesma liña, Formoso amosou a súa preocupación ante o gran número de postos de traballo que están en perigo en Galicia pola conxuntura económica, estando tamén en risco os servizos públicos e o sistema de pensións. Por elo, destacou a importancia de que se actúe dende os postos de responsabilidade para aliviar a carga económica sobre as familias.

BUGALLO

Formoso confirmou a candidatura de Xosé Sánchez Bugallo á alcaldía de Santiago, afirmando que “será alcalde de Santiago” así como que será “o mellor alcalde da historia” da capital galega. O líder do PSdeG remarcou que volver a presentarse é a “mellor decisión para a cidade” que pode tomar o actual alcalde.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21

Besteiro ve “con moita alarma” o descontrol que o Consello de Contas está detectando na contabilidade do Sergas

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o potencial da industria galega durante a súa visita a TMC Cancela, unha empresa…

07/05/2024 16:05

Besteiro empregará a sesión de control para comprobar o compromiso de Rueda coa rexeneración democrática “ou se opta pola confrontación, a mentira e a crispación”

Elena Espinosa critica a “devaluación as políticas de igualdade” ao dividilas en dúas direccións xerais e acusa ao PP de…

07/05/2024 14:33