Categorías: Actualidade

Luis Álvarez contrapón o sistema “opaco, clientelar e discriminatorio” da Xunta coa xestión “equitativa, transparente e solidaria” da Deputación da Coruña

Salienta o Plan Único de Obras e Servizos de financiamento obxectivo dos concellos, o “éxito absoluto” do Plan de Emprego Local e a creación da oficina de asesoramento para fondos Next Generation creada no ente provincial

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, contrapuxo hoxe os “dous modelos antagónicos” de xestión de recursos representados polo goberno galego e a Deputación Provincial de A Coruña. Álvarez interveu na comparecencia no Parlamento do presidente da Deputación de A Coruña, Valentín González Formoso, para dar conta dos orzamentos para o próximo ano.

O responsable socialista sinalou dunha banda o modelo “opaco, clientelar e discriminatorio” co goberno galego e, na outra banda, a xestión “equitativa, transparente e solidaria” que representa o ente provincial presidido polo PSdeG. Álvarez contrastou o proxecto “esgotado e resignado” que representa Rueda, que deixa sen atender a 4 de cada 5 galegos en situación de necesidade, co modelo “renovado e consolidado” de Formoso.

O portavoz do Grupo Socialista salientou a xestión do ente provincial, centrada na distribución de recursos aos concellos con “criterios obxectivos” e potenciando a autonomía municipal, con independencia da cor política. A Deputación, dixo, respecta a autonomía na toma de decisións das entidades locais e garanta a prestación de servizos en igualdade de condicións e a protección dos galegos e as galegas que máis o necesitan.

Pola conta, explicou, o modelo do goberno galego xestionado polo PP consiste na transferencia de “fondos insuficientes cun enorme compoñente discrecional”, en función de “afinidades políticas e intereses electorais”, centrado en “perpetuar a subordinación orzamentaria” a través da “tutela e o reparto arbitrario” de fondos que “quebra a equidade” nos servizos públicos.

Iniciativas

Luis Álvarez salientou o éxito do Plan Único de Obras e Servizos do ente provincial, que reúne nun único fondo o financiamento de tódalas accións e plans provinciais dirixidas aos concellos, garantindo a eficiencia e o reparto obxectivo de fondos, convertendo aos concellos en “protagonistas” da xestión.

Por outra parte, sinalou o “éxito absoluto” do Plan de Emprego Local posto en marcha polo ente provincial, que garantiu a creación de máis de 5.000 empregos, o apoio a máis de 2.000 novas empresas, da respaldo a 1.100 autónomos e garantiu 4.400 subvencións a empresas, ademais de 10.000 solicitudes en trámite.

Finalmente, sinalou a creación da Oficina de Información e Asesoramento para que os concellos poidan acceder a información directa para optar aos fondos Next Generation EU, o primeiro centro especializado nos fondos europeos e que neste momento está a tramitar iniciativas por máis de 10 millóns de euros. Mentres, dixo, a única iniciativa sinalada do goberno galego foi terse instituído como unha “oficina de queixas” fronte aos fondos europeos.

Resposta solidaria

Álvarez subliñou a necesidade de ofrecer “respostas solidarias” ás dificultades económicas derivadas primeiro da crise da covid e agora da suba de prezos provocada pola invasión de Ucraína. Criticou que a resposta do goberno galego teña sido manter conxelado o Fondo de Compensación Interterritorial nos últimos 10 anos, aumentando as transferencias ás entidades locais en apenas 4,9 euros por habitante, mentres recada 489 euros mais por cada galego e galega.

Sinalou o “nulo compromiso co municipalismo” por parte do goberno galego, que reduce 26,5 millóns de euros a partida para modernización e diversificación do tecido produtivo rural, ademais de que reduce en 4 millóns de euros os fondos destinados á mellora do fomento e a empregabilidade. Mentres, dixo, a Deputación de A Coruña “impulsa de forma impropia pero acertada o compromiso social coa mellora e fomento da empregabilidade na provincia.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21

Besteiro ve “con moita alarma” o descontrol que o Consello de Contas está detectando na contabilidade do Sergas

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o potencial da industria galega durante a súa visita a TMC Cancela, unha empresa…

07/05/2024 16:05

Besteiro empregará a sesión de control para comprobar o compromiso de Rueda coa rexeneración democrática “ou se opta pola confrontación, a mentira e a crispación”

Elena Espinosa critica a “devaluación as políticas de igualdade” ao dividilas en dúas direccións xerais e acusa ao PP de…

07/05/2024 14:33

Carmen Dacosta censura que a única prevención de incendios da Xunta sexa “facer a danza da chuvia e encomendarse a manitú”

Alerta da falla de tarefas de prevención nos montes, que “se cargan de biomasa sen que a Xunta faga nada…

07/05/2024 14:31

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta axudas específicas á viticultura tradicional da Ribeira Sacra

Lara Méndez reivindicou durante unha visita a unha adega da denominación de orixe “unha maior implicación” por parte do Goberno…

06/05/2024 16:20