Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista destaca “a outra maneira de xestionar os recurso” da Deputación de Lugo contra a “opacidade, confrontación e busca de culpables” da Xunta

Patricia Otero subliña o reparto equitativo do investimento nos concellos, mentres a Xunta os emprega de forma partidista beneficiando aos gobernados polo PP

A parlamentaria socialista Patricia Otero salientou a labor de José Tomé ao fronte da Deputación de Lugo, así como a súa xestión dos recursos da cidadanía, baseada na “transparencia” e oposta á “xestión opaca” da Xunta, “centrada na confrontación e na busca de culpables nos concellos e en tres das catro Deputacións”. Ante o reparto dos fondos aos concellos, subliñou as diferencias entre o trato equitativo do goberno da provincia lucense e a actuación partidista da Xunta.

A representante socialista interpelou ao presidente da Deputación de Lugo trala súa comparecencia no Parlamento de Galicia, ao que agradeceu a mesma, ao igual que á presente deputada provincial encargada da área económica, Mayra García.

Patricia Otero centrouse nas diferencias existentes entre o goberno da Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia, afirmando que “hai outra forma de xestionar os recursos”, polo que contrapuxo a “transparencia” amosada por Tomé na súa comparecencia coa “opacidade da Xunta”, así como a “lealdade” con outras administracións ao recoñecer que o orzamento do ente provincial aumenta grazas ás transferencias do goberno do Estado, “realidade que non quere recoñecer goberno galego”.

A este respecto, incidiu no reparto de fondos aos concellos, xa que aseverou que dende a Deputación repártense “a gobernos de todas as cores políticas e con total claridade”, mentres que o goberno galego asigna maiores recursos aos que están gobernados polo PP, co caso “especialmente grave” de Augas de Galicia, que “decide que as obras de saneamento son competencia autonómica ou municipal segundo goberne”.

A parlamentaria socialista trasladou á Cámara Galega a denuncia dos concellos, a través da FEGAMP, de que o goberno da Xunta ten conxelado dende hai 10 anos o fondo de cooperación para os concellos, mentres goberno municipal aumentou a partida para os mesmos.

Debido ás comparecencias que durante toda esta semana se están a producir no Parlamento en relación ao proxecto de orzamentos da Xunta, Otero referiuse aos déficits dos mesmos en anos anteriores, poñendo o punto de mira na baixa execución dos mesmos.

AS CONTAS “NON PASAN A PROBA DO ALGODÓN”

Respecto das infraestruturas para a provincia de Lugo, contrapuxo de novo o que é unha “política de feitos” na Deputación contra unha de “anuncios e publicidade” da Xunta, xa que as partidas son “un copia e pega” doutros anos, de obras anunciadas “a bombo e pratillo” que quedaron sen realizar. En total son 150 millóns de euros sen executar en infraestruturas nos dous últimos anos por parte do goberno galego, segundo cifra a deputada socialista.

No ámbito da pesca, do que é tamén voceira do grupo parlamentario e que ten especial relevancia na provincia, recordou que “de nada vale facer unhas contas triunfalistas” se logo hai anos “nos que non se chega nin á metade da execución orzamentaria”. Esta situación é común a todas as áreas de competencia da Xunta, polo que as súas contas “cando facemos a proba do algodón, quedan nun bluff”.

Amosou a súa inquietude porque que se poidan desaproveiten os fondos europeos pola “xestión incapaz” da conselleira do Mar, xa que o 80% do orzamentado nesta área son fondos europeos, que de non se executaren terían que ser devoltos.

Otero tamén agradeceu o labor social do goberno provincial, que “viuse na obriga” de facerse cargo das competencias da Xunta que non asume, como no ámbito da política social. Reivindicou as seis residencias de maiores que se abrirán nesta lexislatura polo goberno da Deputación, fronte á “desaparición do goberno galego”, que non abriu ningunha nun territorio que sufre dun avanzado envellecemento da poboación, alegou.

A deputada socialista finalizou lamentando a política de confrontación da Xunta, que anda na busca de culpables nos concellos e en tres das catro deputacións, xa que unicamente non critican á de Ourense que gobernan grazas a Jácome. Esta actitude do PP ao fronte do goberno galego “deixa abandonadas” a política social, educativa ou sanitaria que, sen competencias, intentan arranxar os gobernos municipais e provinciais, concluíu Otero.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18