Categorías: Secretaría Xeral

Formoso empraza á Xunta a equiparar o investimento en I+D+i á media española para poder recuperar o “talento galego espallado polo mundo”

O secretario xeral do PSdeG participa nun encontro con representantes do sector da investigación xunto coa Ministra de Ciencia, Diana Morant, que destaca que o goberno de España transformara “a temporalidade e precariedade” na investigación en “oportunidades”

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, esixiu ao goberno galego que aumente o investimento en I+D+i ata equiparalo coa media de España, o que suporía 0,4% do PIB, que permitiría recuperar “o talento galego espallado polo mundo”.

O líder dos socialistas galegos fixo estas declaracións hoxe antes dun encontro mantido con distintos representantes do sector da ciencia en Galicia, que contou coa participación da ministra Diana Morant e co secretario de Ciencia e Universidade da executiva do PSdeG, Senén Barro. Entre os asistentes ao acto, pode destacarse a presenza dos reitores da Universidade da Coruña e da Universidade de Vigo.

Formoso destacou a importancia da labor dos investigadores no “proxecto de país” que defende o seu partido, entendendo que “Galicia non é nada se non conta coa súa ciencia”, como se fai na actualidade para o representante socialista, xa que considera que é un campo que está nun segundo plano para o goberno galego.

Para os socialistas isto queda demostrado polo baixo investimento en I+D+i que ten a Xunta de Galicia, sendo máis baixo que a media estatal e cun gasto por habitante que chega a ser a metade do realizado por outras comunidades con menor capacidade económica como Navarra.

Agradeceulle á ministra Morant que “veña a explicar a Lei de Ciencia e os esforzos do goberno de España pola estabilización do persoal investigador, pero tamén a escoitar ao sector da ciencia galego”, xa que “foron capaces de innovar e investigar con paixón pola súa profesión e o seu país, para ofrecer á sociedade galega un futuro distinto baseado no talento e no coñecemento”.

Ao fío disto, Formoso afirmou que esa idea da sociedade coincide “coa óptica do PSdeG”, que pretende “recuperar aos mozos e mozas galegas espalladas polo mundo e que teñan a oportunidade de realizar o seu proxecto vital na súa terra”, para o que terán “o apoio do PSdeG e medidas e proxectos do goberno do Estado no corto prazo”.

CONTRATOS ESTABLES

A ministra Diana Morant agradeceu a “oportunidade” que lle deu o PSdeG organizando o evento para poder falar cos investigadores e investigadoras galegas. Reivindicou a nova Lei de Ciencia e da Innovación que “permitiu ao goberno de España transformar o que era temporalidade e precariedade en contratos estables e indefinidos, en definitiva, en oportunidades”, alegou.

Tamén destacou a reposición expansiva das prazas de investigación, coa creación de 12.000 novas prazas nun prazo de 3 anos. Ante isto afirmou que !cando gobernaba o PP, por cada 10 investigadores que se xubilaban, suprimíanse 10 prazas”, mentres que “co goberno do PSOE, por cada unha desas 10 xubilacións hai 12 prazas novas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04