Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista pedirá unha Comisión de Investigación polo desvío de 159 millóns de euros de fondos Covid en plena pandemia por parte da Xunta

Luis Álvarez reclamaralle ao presidente da Xunta que presente medidas alternativas á tarxeta básica para apoiar ás persoas con máis necesidades

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, anunciou hoxe que o próximo Pleno do Parlamento incluirá a solicitude dos socialistas galegos para constituír unha Comisión de Investigación sobre o desvío de 159 millóns de euros de fondos covid por parte da Xunta en plena pandemia. Álvarez deu conta da reunión da Xunta de Portavoces de hoxe, que fixou a orde do día do Pleno da próxima semana.

O responsable socialista anunciou que os socialistas galegos incluíron unha proposición non de Lei para que a Xunta explique nunha Comisión de Investigación específica do Parlamento o destino daqueles 159 millóns de euros de fondos covid que o Estado transferiu en 2020. O propio Consello de Contas deu a alarma sobre a xestión destes fondos que finalmente non foron destinados á sanidade, e que o goberno galego se nega a explicar a que os destinaron.

Álvarez sinala que logo de meses de debate, e co informe de fiscalización do Consello de Contas enriba da mesa, “temos elementos máis que suficientes” para supoñer que “algún deses fondos” non foron destinados á finalidade á que estaban destinados. Lembrou que daquela o agora ex presidente da Xunta “estaba tódolos días poñendo en cuestión a suficiencia deses fondos”, e emprazou ao PP a apoiar a iniciativa “se realmente teñen claro” o correcto uso das partidas.

O portavoz do Grupo Socialista anunciou hoxe que dedicará a sesión de control ao presidente da Xunta á supresión da tarxeta básica, coa que 75.000 galegos e galegas en dificultades económicas podían acceder a produtos básicos de supermercado, hixiene e farmacia, e que desapareceu dos Orzamentos da Xunta para o próximo ano sen deixar rastro.

Álvarez esíxelle ao presidente da Xunta que dea conta de que medidas vai tomar para suplir a función desta ferramenta, máis alá das “escusas de mal pagador” coas que están xustificando a súa ausencia no debate dos Orzamentos para o próximo ano, agora en proceso na Cámara autonómica. Por moito que o goberno intente xustificar que a tarxeta básica resulta “innecesaria”, dixo, a realidade é que os Orzamentos deixan sen axuda a 4 de cada 5 persoas que si a precisan.

Lamentou a pertinaz negativa do goberno galego a recuperar esta medida fundamental para boa parte das familias galegas que peor o están a pasar, e que dea conta das medidas previstas para suplir a súa función. A tarxeta básica, dixo, permitía darlle resposta ás súas necesidades de forma áxil, cun investimento de apenas 30 millóns de euros e “sobre todo sen estigmatizar á poboación que facía uso dela”.

Iniciativas

O responsable socialista explicou que o Pleno da próxima semana incluirá unha moción para reclamarlle á Xunta que reforce os mecanismos dispoñibles e que ata o momento se teñen demostrado “deficitarios” para contribuír á emancipación da xuventude galega. Tamén levarán unha interpelación para reclamarlle á Xunta que resolva as graves carencias no transporte escolar, sinaladamente nas liñas que pasou a xestionar a Consellería de Infraestruturas.

Álvarez anunciou que os Grupo Socialista incluirá unha proposición non de Lei para que a Xunta axilice a implantación de parques eólicos que garanten o subministro enerxético necesario para reactivar a produción en Alcoa San Cibrao no horizonte de xaneiro de 2024, cando remate o prazo acordado entre a empresa e os sindicatos para reactivar a produción.

O Pleno rematará coas preguntas dos socialistas galegos sobre a política de Vivenda, sobre a posta en marcha de axudas directas para os subsectores gandeiros da carne e sobre as medidas tomadas pola Xunta para o control da contaminación das augas en A Limia. E todo isto nun Pleno que comezará cola comparecencia do conselleiro do Medio Rural para dar conta en novembro da campaña de lumes do verán, “a ver se conseguimos que nos dean datos reais”, remachou Álvarez.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08