Categorías: Actualidade

Luis Álvarez acusa ao PP de branquear a violencia machista

Sinala que Feijóo acorda con forzas negacionistas “porque quere” e critica o cinismo do PP que sitúa a violencia machista como “liña vermella” logo de votar a favor do seu candidato de A Illa condenado por maltrato

O portavoz do Grupo Socialista preguntaralle ao presidente da Xunta pola falla de execución dos orzamentos en políticas activas de emprego

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, acusou hoxe ao PP de “branquear a violencia machista” logo das últimas declaracións do candidato do PP limitando un caso de maltrato a “un mal divorcio”. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces do Parlamento que fixou a orde do día do próximo Pleno no que centrará a sesión de control na falla de execución orzamentaria en políticas activas de emprego.

O responsable socialista criticou as “dúas caras” do PP, que din condenar a violencia machista mentres Feijóo pacta con forzas que negan a súa existencia “porque quere”. Situación semellante á que se vive en Galicia, onde o portavoz do PP no Parlamento sitúa á violencia machista como “liña vermella” só dous días despois de que na constitución dos concellos votaran na Illa e Arousa ao seu candidato condenado por maltrato, malia que segundo Rueda ía ser apartado do PP.

O portavoz do Grupo Socialista socialista cargou contra o cinismo do PP cun tema sensible como é a violencia machista que ten á cidadanía e a esta forza política “profundamente preocupados” logo das declaracións do seu candidato a presidente e da súa acción política como partido. Os socialistas presentarán no próximo Pleno do Parlamento unha interpelación sobre as medidas do goberno galego contra a violencia machista.

O responsable socialista anunciou que os socialistas centrarán a sesión de control do próximo Pleno do Parlamento nos cambios nas políticas de emprego da Xunta de Galicia, logo da falla de execución orzamentaria en materia de políticas activas de emprego e da fenda de xénero no mundo laboral e a baixa calidade do emprego nesta Comunidade Autónoma.

Sinalou á falla de coordinación do goberno galego e a existencia de “medidas erráticas” en materia laboral primeiro con Feijóo e agora con Rueda, logo das dificultades de recualificación dos traballadores por parte da Consellería de Educación, impedindo a centos de galegos o acceso ás especialidades laborais.

Amosou a súa sorpresa ademais pola decisión da Xunta de pedir a comparecencia do conselleiro de Educación e Cultura para falar das novas perspectivas da cultura en Galicia no canto de responder polo cambio da modalidade de impartición dos ciclos formativos para adultos á modalidade a distancia. Os socialistas presentarán unha pregunta oral por esta decisión “que afecta en moitos casos a persoas traballadoras que requiren dun réxime presencial”.

O próximo Pleno incluirá ademais unha pregunta oral ao novo conselleiro do Mar para que clarifique a súa posición respecto do conflito da mexilla que “está detrás do cese da conselleira do Mar”, e que suscitou que fora desprazada ás listas electorais do PP ao Congreso “pola única provincia que non ten mar”.

Tamén incluirán unha moción pola modificación na normativa de axudas aplicada pola Xunta para permitir que as empresas que incumpren coa Lei de Cadea Alimentaria continúen sendo beneficiadas. Ademais, presentarán unha proposición non de Lei para esixirlle ao goberno galego que desenvolva a lei de Igualdade de trato e non discriminación a persoas LGTBI.

Luis Álvarez anunciou unha proposición non de Lei para esixirlle á Xunta que estableza criterios normativos para determinar o destino do material sanitario doado ao Sergas, logo de constatar que os equipamentos cedidos están sendo destinados a un centro privado ao que a Administración autonómica paga a continuación para atender aos pacientes con esa mesma maquinaria.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21