Categorías: Actualidade

Luis Álvarez advirte que o PSdeG “non vai servir de coartada ao PP” para empregar a Lei do Litoral como elemento de confrontación

O portavoz do Grupo Socialista acusa ao PP de furtar o debate parlamentario para facer coincidir a norma coa campaña electoral

Sinala que os socialistas demostraron unha “clara posición como principal forza progresista” logo da constitución dos gobernos municipais, con 101 alcaldías que supoñen 1,2 millóns de galegos e galegas

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, advertiu hoxe que o PSdeG “non vai servir de coartada ao PP” para empregar a Lei do Litoral como elemento de confrontación electoral. Así o dixo logo de que o PP decidira de forma “unilateral e torticeira” acortar os trámites do debate parlamentario do texto para facela coincidir coas eleccións.

O responsable socialista anunciou que os socialistas retiran o apoio a esta norma que o PP quere despachar cun único debate en Ponencia e que anunciaron que aprobarían “si ou si” neste período de sesións, evidenciando que “non queren negociar absolutamente nada”. Dixo que o PSdeG “non vai ser cómplice nin darlle cobertura ao PP” diante dunha situación “sen precedentes”.

Lembrou que o apoio do PSdeG a esta norma viña condicionado a un debate que permitiran garantir seguridade xurídica dun sector do que dependen 40.000 familias, pero o cambio de guión do PP provocado polo adianto electoral constata que “non teñen o mínimo interese real para facer unha boa Lei acordada coas demais forzas políticas do país”.

Explicou que a Lei ía rematar o trámite en outono cando as eleccións xerais estaban previstas para final de ano, pero logo do adianto electoral o PP decidiu impoñer o recorte nos prazos para que se aprobara antes do peche do período de sesións e de novo coincidindo coas eleccións xerais. De feito, apuntou que hoxe mesmo foi nomeada a Ponencia desta Lei, que tan só se vai reunir “un único día” para unha Lei que “precisa dun debate sosegado”.

Alertou fronte ás “eivas” do texto, que “pode ser o pistoletazo de saída do bum urbanístico no litoral”, e advertiu do risco de “pelotazos” urbanísticos, pero o PP ten demostrado que “non quere negociar absolutamente nada”. Dixo que os socialista coinciden na necesidade de regular o Litoral, pero se absterán no trámite parlamentario para ser “coherentes co cambio de estratexia electoral do PP coa única finalidade de confrontar en campaña electoral”.

Gobernos municipais

O responsable socialista fixo unha valoración da constitución dos gobernos municipais deste pasado sábado, que consolidan ao PSdeG como “principal forza progresista nos concellos galegos” e que gobernan practicamente á metade da poboación de Galicia. O PSdeG ten 101 alcaldías e gobernará a 1,25 millóns de galegos e galegas, practicamente o dobre do PP, o que, dixo, “no fai orgullosos de seguir transformando e facendo avanzar ao país”.

Luis Álvarez explicou que os socialistas galegos afrontan agora a campaña para as eleccións xerais con “toda a ilusión, reforzados cuns datos que evidencian a fortaleza municipal” deste partido, para explicarlle á cidadanía o proxecto de transformación e o “risco certo de retorno a políticas non orientadas ao beneficio xeral, senón ao retroceso” que representa Feijóo.

Os galegos e galegas tiveron unha primeira mostra, dixo, no acordo asinado entre o PP e Jácome para blindar a alcaldía para quen ata hai días ían expulsar do goberno de Ourense a cambio de manter a toda costa o “baltarismo sen Baltar” na Deputación provincial. Álvarez amosou o acordo asinado “sen ningún tipo de escrúpulos” entre as dúas forzas políticas cando “todos tiñamos os tímpanos vibrando” polos audios do rexedor ourensán poñendo en cuestión a limpeza democrática.

Lembrou que o propio Rueda descartaba o 11 de maio un pacto con Jácome nas municipais, e este mesmo venres era a secretaria xeral do PP, Paula Prado, quen aseguraba ter “a conciencia tranquila” por ter feito “todo o posible para que non volvera ser alcalde” ao mesmo tempo que estaban acordando e asinando o acordo.

Goberno nefasto

Lamentou que o PP “perdeu unha oportunidade de ouro para acabar cun goberno nefasto para a cidade de Ourense”, e emprazou a Cabezas a explicar “por que non votou a favor de Francisco Rodríguez e seguiu o pacto imposto dende a dirección do PP e Santiago”. Lamentou que “marchará Baltar, pero mentres o PP permaneza na Deputación seguirán o caciquismo e o escurantismo e seguiremos precisando que se levanten as alfombras”.

Luis Álvarez sinalou que os socialistas “fixemos todo o posible por propiciar un cambio político na provincial de Ourense”, pero advertiu que nas “negociacións frenéticas” das últimas horas “había xogadores coas cartas marcadas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38